Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Conectado"

San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina'Lab (20). Estrea venres, 28 de xuño do 2019
Director: Pablo Martínez.
produción: Iago Lourido Calvo
Reparto: Joám Cortizas Fernández, Catalina Rodríguez e Noa Cortizas
Sinopse: "Historia dun rapaz que planifica o seu día a día desde a computadora, con ela vive, xoga, realiza compras, e... non sae da súa habitación.".
Duración: 3' 01”
Gravada en San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab

Pablo Martínez -xunto cos seus colegas Iago, Joám e Catalina- son os participantes mais novos da 5º Chanfainalab. Hai pouco que cumpriron os catorce anos e comezaban 3º da ESO no CPI de San Sadurniño. De sempre, Pablo foi un mozo inquedo e activo, pois dende os seis anos gústalle gravar coa cámara "o que pode", aínda que a súa teima verdadeira é a animación. Os seus xéneros favoritos son os filmes de fantasía e ciencia ficción, mais tamén os videoxogos, nomeadamente os que se desenvolven en "mundos abertos". De feito xestiona PJPentakill, a súa propia canle de videoxogos en youtube. Xa fai dous anos sorprendéranos coa frescura que zumega a súa curta "O meu traxecto ao cole". Na chanfaina 2017 realizara o moi meritorio "Enamorándose de San Sadurniño"

Nesta edición ademais de axudar nas curtas dos seus amigos “A rapaza que borboriñaba aos cabalos” e "The Sansa stomp", asistiu ao curso de iluminación básica impartido por Alberte Branco e ao de gravación de son de Carlos Suárez. Mais nesta edición, Pablo optou por realizar unha peza máis elaborada e que transmitira unha mensaxe á xente da súa xeración: "A idea da curta chegoume ao ver un vídeo cómico cunha estrutura similar, na que me inspirei para realizar "Conectado", idea que levei a cabo sen moitas dificultades, pero que me fixo aprender cousas novas sobre a edición dos vídeos. O principal obxectivo da curtametraxe e amosar aos espectadores a realidade que é o feito de vivir pegados ás pantallas, dun xeito algo esaxerado pero absolutamente verosímil, mostrando algo que sucede na actualidade como son os xóvenes que viven encerrados na súa habitación, situación moi común en lugares coma Xapón."

“Conectado” representa un grande salto cualitativo con respecto ás pezas de anteriores Chanfainas, pois a planificación e a posta en escena están ao servizo dunha mensaxe que anima á mocidade a enxergarse na vida exterior, abandoando o enclaustramento e illamento que as veces promoven as novas tecnoloxías: "Este ano esforceime por mellorar a calidade tanto de edición coma de narrativa, e espero que siga mellorando co paso dos anos, realizando tramas mais complicadas e mellor editadas, ou simples, pero constando da capacidade de decisión entre unhas e outras, e non tendo o meu nivel coma limitante". Sorprende a madurez e humildade que reflicte este novísimo, mais prometedor cineasta no que xa podemos observar os chanzos que van definir unha mirada propia. Volve a ser un orgullo e unha honra contar coa participación de rapaces tan creativos como Pablo e os seus colegas.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón

  • "Conectado"

  • Pablo na 5º chanfainalab

  • Pablo, Joam e Iago no curso de son

  • A pandilla ao fondo no obradoiro de son

  • Mirando a plantación do castiñeiro da Chanfainalab

  • Pablo e Iago na plantación do castiñeiro da Chanfainalab

  • Pablo dándolle ao sacho

  • Pablo Joam, Iago e Catalina na foto oficial da 5º Chanfainalab

  • Os tres amigos na "Eira de cineastas"

  • Na presentacion pública de "Conectado"

  • Pablo na estrea mundial de "Conectado"

  • Pablo Martínez luce orgulloso a sua "Lola da cascarilla"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), vídeos, tecnoloxía, Chanfaina'Lab

Autor/a: Pablo Martínez Romero

Vídeos:
"O meu traxecto ao cole"
"Enamorándose de San Sadurniño"

Compartir en: