Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Come go"

San Sadurniño, Bardaos e Naraío, 2015

2ª Chanfaina'Lab (14). Estrea venres, 27 de maio do 2016
Directora: Susana Rey
Coa participación de María Romero, Xosé Mª García e Carmen Couce, Carmen González, Carmen Pedreira, Elena Otero, Gelis Puentes, Isabel Prieto, Lucía Pita, Mari Carmen Bouza, Mari Carmen Meizoso (Cantareiras do Saíme)
Sinopse: "Come go vai adicada a toda a xente que tivo que marchar lonxe, á que chegou para facer "pobo", e á que quedou e resistiu. Tomando como referencia o pobo de San Sadurniño, e sen idealizar a vida no campo, queremos por o foco no rural como alternativa posible ás, cada vez máis, sobresaturadas cidades".
Duración: 15’ 40’’’’
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en San Sadurniño dentro do programa da Chanfainalab.



A cineasta pontevedresa Susana Rey é unha das voces mais persoais do audiovisual galego. Doutora en Belas Artes, artista plástica, directora artística, compositora e por suposto cineasta e activista comprometida coas causas que considera xustas, nomeadamente as que nos devolven á harmonía coa natureza. A súa prolífica traxectoria artística desenvólvese entre Galicia e Valencia onde reside habitualmente. Susana ten deixado a súa pegada en obras de referencia como "Cousas do Kulechov" ou no proxecto "Confrafilmes". Actualmente está a promover a difusión da longametraxe documental "Dúas flores para un cabaliño"

A inspiración orixinaria da súa peza para Chanfaina´Lab, foi a historia da visita da Raíña Victoria Eugenia a San Sadurniño en 1927: "De feito viña cun guión estruturado, que fun reelaborando a partires da información que procurei en "Fálame de San Sadurniño". Mais aos poucos de chegar á Chanfainalab funlle engadindo novas ideas e liñas de traballo. A peza fala da xente "que se queda" e da "que se vai" do rural e así os pobos fican sós. Propúxenme darlle voz aos que retornan cos seus pros e contras. E aínda que non parei de gravar nin un minuto durante os dous días, sorprendeume o longuísimo que se me fixo o fin de semana. Facía moito tempo que un par de días non me cundían tanto. Un dos mellores recordos que tiven foi a tardiña marabillosa que pasei coas Señoras de Naraío. Para elas compuxen especialmente "Ela ten jakeka", pandeirada de San Sadurniño que interpretan ao final da curta"..

Así pois, no filme "Come go" asistimos a unha reivindicación do rural como alternativa á vida da masificada vida urbana, na que home é "invisible", un número máis, unha simple estatística; pola contra o retorno ao mundo rural, enxerga aos seres humanos na paisaxe e na natureza e os converte en únicos. A pesares dos contras e das dificultades, a vida no rural é máis plena. Susana Rey fai progresar emocionalmente a narración dende unha perspectiva puramente documental ata a sorpresa final nos créditos, nos que asistimos á unha reivindicación gozosa e retranqueira da vida e o mundo rural polas voces das mulleres de Naraío. En definitiva, unha invitación ao optimismo e ao goce da vida no rural.

  • "Come go"

  • Susana Rey gravando na chanfainalab (foto G.Tizón)

  • Xosé Mª García,

  • Un dos temas de "Come Go"

  • Carmen Bouza (foto Tizón)

  • Carmen González (foto Tizón)

  • Carmen Meizoso (foto Tizón)

  • Carmen Pedreira (foto Tizón)

  • Carmen Couce (foto Tizón)

  • Elena Otero (foto Tizón)

  • Gelis Puentes (foto Tizón)

  • Isabel Prieto (foto Tizón)

  • Lucía Pita (foto Tizón)

  • O home"invisible" na cidade

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, cancións, Chanfaina'Lab, cinema, labregos e labregas, muller, música, Naraío, vídeos, visitantes, xente

Autor/a: Susana Rey

Vídeos:
"Cousas do Kulechov"
Dúas flores para dous cabaliños (trailer)
"Contrafilmes" (trailer)

Compartir en: