En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia
San Sadurniño, 1992
Dende 1978, a afección ao voleibol non deixou de medrar en San Sadurniño, nomeadamente grazas ao Aldebarán Intasa, constituído en 1992 e que mesmo xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol. Entrevista con Manuel Seco pertencente á serie documental "Galicia enteira" , producida pola TVG no 2005. Descarga a reportaxe de "Pegadas" (setembro 2008).
Temas: deporte, lecer, San Sadurniño (parroquia), vídeos, asociacións actuais, San Sadurniño (Concello)
Autor/a: Fálame
Vídeos:
Video promocional da final da 1ª división e fase de ascenso á Liga FEV.
Voley Sansa. Aldea de verán 2014