Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

gastronomía

Receitas e xantares singulares das terras de San Sadurniño: mesóns, bares e tabernas. Os pratos tradicionais do concello son a chanfaina, o bacallau, o o raxo, a carrilleira e o churrasco. E de postre o requeixo ou pastelón.

"Chanfaina"

Igrexafeita, 2015

Chanfaina'Lab (18) Estrea venres, 22 de maio do 2015
Director: Marcos Nine
Colaboración: Ana Lamas, Consuelo Picos, Vicente Lamas, Secundino García, Birtukan Lamas e Ximena Losada (con Xoel).
Música: Gustav Mahler
Duración: 9' 44''.
Sinopse: As paraxes de Igrexafeita agochan tras de sí os misterios dunha antiga receita, humilde na súa orixe, grandiosa no seu resultado.
Gravado en Igrexafeita nos días 6 e 7 de setembro do 2014 dentro do programa da Chanfaina' Lab.


Marcos Nine é un cineasta único e inclasificábel, gañador de numerosos premios, tanto nos "Mestre Mateo" como en festivais de vangarda, sempre da cabalo entre a produción industrial e a mais arriscada experimentación audiovisual. Marcos Nine nunca defrauda nin deixa indiferente a quen se achegue á calquera das súas pezas, marcadas por un punto de vista moi persoal e cunha envoltura formal impecábel. Así o fai na grandiosa "Chanfaina" que condensa á perfección o que se pretendía co proxecto da Chanfaina' Lab: un saboroso prato a base de moitos e diversos ingredientes.
San Sadurniño é un lugar de pasado señorial, de nobreza e terratenentes, mais tamén de xente humilde e traballadora. Xente que noutrora elaborou un prato con refugallos do porco. Aquel pasado señorial e de nobres esmoreceu e apenas quedan os seus vestixios presidindo a paisaxe. Para Marcos, "Chanfaina" é o que poderíamos chamar un "filme-receita" que quizais garda entre as imaxes algo máis do que a simple vista estas revelan. Nembargantes, existe algo que perdura cos anos, e é aquel prato elaborado cos refugallos do porco. Esto ven a dicirnos que, tal vez a grandeza non se atopa no poder, nin no diñeiro, nin nas terras, está noutra parte. Está nas pequenas cousas que son capaces de resistir ó tempo".
A maxestuosa música de Mahler, a montaxe paralela de dúas liñas do tempo cos xeitos vellos e novos de preparar o prato, os planos detalle que debullan polo miúdo a receita, ata a secuencia final, onde vemos aos compañeir@s cineastas dar conta do substancioso embutido preparado por Ana Lamas, convirten a "Chanfaina" de Marcos Nine, non só nunha exaltación da gastronomía local, mais tamén nunha metáfora do proceso de creación audiovisual. Asemade é o retrato simbólico dunha experiencia que animou a vinte cineastas galeg@s a compartir xenerosamente o seu talento para crear estas humildes pezas, mais todas xuntas conforman un prato exquisito que podes saborear aquí cando queiras.

  • "Chanfaina"

  • Marcos Nine

  • Marcos Nine á dereita falando con Mario Iglesia na Chanfaina'lab

  • Marcos, Ximena Losada e Otto Roca na Chanfaina'lab

  • Ximena Losada e Xoel na Chanfaina'lab (foto Tizón)

  • Preparando a Chanfaina

  • Ingredientes

  • As masterchefs da Chanfaina

  • Ana e Birtukan na cociña

  • A chanfaina lista

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, gastronomías, Igrexafeita, receitas, visitantes, vídeos

Autor/a: Marcos Nine Búa

Vídeos:
Carcamáns (fragmento)
JEDN (2006)
A Fábrica-Teaser (2008)
Aarón (2009)
Manuscritos Pompeianos (2010)
Radiografia dun autor de tebeos (2010)
Imaxinario infantil (2014)
La brecha (trailer) 2011
A viaxe de Leslie (2014). Trailer

Compartir en: