Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Castro de Rupiallo

Rupiallo, San Sadurniño, 1

O castro de Rupiallo -tamén chamado a Croa-, forma parte dun complexo sistema defensivo da Idade do Ferro, composto por cinco castros que protexen e controlan o Val do Xuvia dende unha altura similar. Tres deles están situados nas ladeiras do Monte Rapadoiro: San Sadurniño, Riboira e Redo, franqueados no suroeste polo Castro Rupiallo, e no sureste polo Castro das Croas de Ramil. Ao norte conta co apoio defensivo dos castros de Bardaos, Escoitadoira e Castrelo xa en Santa Mariña do Monte.(Esquema e mapa en documentos).
O Castro de Rupiallo (de Rupi, lugar rochoso), ubícase na entrada do Val de San Sadurniño preto dun pequeno paso de montaña (A Portela). O castro aínda mantén un aceptábel estado de conservación na súa Croa, podéndose apreciar perfectamente a muralla perimetral e a entrada principal que comunica directamente coa Capela da Portela ao carón dunfa fermosa fonte. A súa situación estratéxica, entre dous vales, facilítalle un control moi eficiente das terras do actual concello de San Sadurniño.
Na fotografía castro de Rupiallo dende Piñeiros.

  • Castro de Rupiallo

  • O Castro de San Sadurniño dende Rupiallo

  • Ortofoto de 1956 do Castro de Rupiallo

  • Croa do Castro de Rupiallo

  • A croa do castro de Rupiallo

  • Foso e muro de Rupiallo

  • muralla do castro de Rupiallo

  • A muralla de Rupiallo

  • Detalle do muro

  • Muro de Rupiallo

load

Documentos:

O castro de Rupiallo

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castros, patrimonios, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: