Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
Castrelo, Santa Mariña do Monte, 1
O castro de Castrelo está situado ao Norte do Concello de San Sadurniño, nas altas terras montesías denominadas antigamente "Monte", meseta chaira con numerosas mámoas megalíticas arredor de "Moimentos".
Poucos datos se teñen sobre iste asentamento que -xunto cos castros veciños da "Escoitadoira" e o de "Bardaos"- poderían ser centros agrogandeiros das serras altas, de excelente forraxe e caza abondosa. Mais tamén formar parte dun sistema de vixilancia e control dos camiños de San Andrés e das fragas que "protexían" aos "castros do Val de San Sadurniño", mais ao sur. Actualmente está moi deteriorado polos eucaliptos e silveiras que agochan os restos das súas murallas e a croa. Non moi lonxe do castro está a fonte e capela da Esperanza de gran tradición popular.
Baixa o documento cos datos básicos publicados en "Catalogación castrexa da bisbarra de Ferrol". Cadernos do Ateneo Ferrolán nº 5 (1987).
Temas: lendas, patrimonios, Santa Mariña do Monte, castros, gandeiría
Autor/a: Manuel González Álvarez