Escoitadora, Santa Mariña do Monte, 1
O castro da Escoitadoira está situado ao Norte do Concello de San Sadurniño, nas altas terras montesías denominadas antigamente parroquia de Monte, unha meseta chaira con numerosas mámoas megalíticas arredor de "Moimentos" polo sudoeste e un sistema de dous castros polo nordeste. No centro da parroquia ubícase a misteriosa fonte e capela da Esperanza de gran tradición popular.
Poucos datos se teñen sobre iste antigo asentamento humano que -xunto cos veciños castros de "Castrelo" e o de "Bardaos"- poderían ser centros agrogandeiros das serras altas, de excelente forraxe e caza abondosa. Mais tamén formar parte dun sistema de vixilancia e control dos camiños de San Andrés ou das fragas que "protexían" aos "castros do Val de San Sadurniño", mais ao sur. Actualmente está moi deteriorado polos eucaliptos e silveiras que agochan os restos das murallas e a croa. O seu nome alude ao control visual sobre todo o territorio da parroquia dende o cumio. Probamos polo tanto a rexistrar "o que se escoita dende a Escoitadoira" unha tarde de abril do 2015:
Baixa mais información no documento cos datos básicos publicados en "Catalogación castrexa da bisbarra de Ferrol". Cadernos do Ateneo Ferrolán nº 5 (1987).
Temas: castros, lendas, patrimonios, Santa Mariña do Monte, gandeiría, sons