Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Castelo de Naraío, 2005
No ano 2004 o matrimonio formado pola hispano-colombiana Rosalba Mosquera e o exdiplomático estadounidense Bradforg Warren namoráronse dun vello muíño do século XIX ao carón do Castelo de Naraío e do río Castro e decidiron abrir unha casa de turismo rural con seis habitacións. Reformaron completamente a vella casona de pedra que decoraron a casa con antigüidades de todo tipo, mesmo o propietario trouxo unha vella cociña de Boston de 1895. O parador inaugurouse oficialmente o 19 de marzo do 2005 . De comezo o negocio tivo moitos visitantes fascinados pola maxia da localización. O matrimonio quizais non atinou na viabilidade do negocio hoteleiro, porque no 2010 o parador deixou de funcionar e o edificio púxose á venda.
Temas: castelo de Naraio, empresas de servizos, Naraío, naturezas, muiño
Autor/a: Fálame