
Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Camiño Grande, Igrexafeita, 1954
No ano 1954 Manuel Casal e María Pico (pai e nai de Marisa), abriron en Igrexafeita un negocio que foi taberna, ultramarinos e onde se podía mercar "de todo". Fai máis de 20 anos, cando Manuel e María se xubilaron, Marisa e a irmá Chicha tomaron as rendas do negocio.
Na Casa Casal pódense degustar menús variados, comida e postres caseiros, e como di a propia Marisa "comida obreira, boa e abundante".
Un lugar de econtro de xente traballadora, do carbón, da madeira, da ruta... que fai da Casa Casal o bar de comidas máis concurrido da contorna.
Marisa Casal Pico fálanos da historia deste negocio.
Na imaxe unha celebración da festa do Biscordel no Bar Casal.
Temas: bares e tabernas, empresas de servizos, familias, festas e romarías, gastronomías, Igrexafeita, muller, traballos, xente, Biscordel
Autor/a: Marisa Casal Pico