Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
O Pico, Naraío, 1965
Cruz Piñón fálanos dunha foto que lle trae bonitos recordos. Un domingo no Pico de Naraío acordando do seu primo José Antonio, da súa irmá Teresa e do burro Cuco.
Temas: animais, familias, Naraío, muller, nenos e nenas, paseos, xente
Autor/a: Cruz Piñón Pereira