Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

Cando a historia cobra vida

San Sadurniño, 2026

10ª Chanfaina Lab (4). Estrea: 3 de abril do 2026
Directora: Milagros Bará
Duración: 3' 35"
Sinopse: Qué pasa nunha igrexa cando péchase a porta? Algúns personaxes do pasado cobran vida.
Reparto: Inés de Castro e Lanzós. Os santos e santas da igrexa de San Sadurniño
Guion, dirección e montaxe: Milagros Bará
Gravado na parroquia de San Sadurniño dentro do programa da 10ª Chanfainalab

Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab



MILAGROS BARÁ (Pontevedra, 1962) é unha escritora, columnista, guionista, produtora e directora de cine galego. Traballou como responsable de comunicación de varias empresas, e xestiona blogs culturais como o de Manuel Quiroga Losada, do que é sobriña-neta. Promotora do Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX e XX. Dende 2014 é cronista no Diario de Pontevedra da historia da cidade, publicando “Crónicas y perfiles de Pontevedra”. Catro tomos. Pontevedra 2015- 2021. Tamén realiza diferentes vídeos, promos, e booktrailers para museos, editoriais ou empresas. Entre os filmes dirixidos e producidos podemos citar as curtametraxes “E dicímolo ou non decimos?” (1985), “Só para nenos” (1985), “María Soliña” (1987), “O resplandor da morte” (1991); Así mesmo dirixiu a TV movie “Autopsia” (2003) e participou como cámara, guionista ou realizadora en varias longas documentais “Manuel Quiroga” (2015), “Un día con José Barreiro en Cela” (2015), “Senso Sublime” (2017) e “Así se hizo, homenaxe a Juan Pardo Inimitables” (2017).

A idea xurdiu sobre a marcha. Gústanme as igrexas pola súa posta en escena, atmosfera e historia. Como nunca vin unha recreación así, me pareceu boa idea facelo na de San Sadurniño. Por outra banda, contribúe ao recordo dunha importante muller no seu tempo como foi Inés de Castro e Lanzós.

Cando a historia cobra vida

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, Convento do Rosario, creador@s, Escultura, igrexas parroquiais, muller, patrimonios, San Sadurniño (parroquia), Señores de San Sadurniño, vídeos

Autor/a: Milagros Bará

Compartir en: