Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
Bardaos, 2015
Chanfaina'Lab (6) Estrea venres, 27 de febreiro do 2015
Título: Camiños de Bardaos. (Unha achega ao fenómeno OVNI en San Sadurniño)
Director: Ángel Santos Touza
Música: Eduard Artemiev ("Solaris". 1972)
Duración: 9' 13"
Sinopse: Ollada persoal á paisaxe de Bardaos a través dun relato ficcional mesturado con historias reais de veciños e veciñas da parroquia do San Pipote.
Gravado nas estradas de Bardaos na tarde do 6 de setembro de 2014 dentro do programa do Chanfaina' Lab.
Seleccionado na Sección "Futur's imposibles" no Festival de Cinema d'Autor de Barcelona (2015) e no S8 de Coruña na Sección Sinais.
Ángel Santos Touza é un dos mais reputados cineastas galegos, autor de dúas longametraxes de referencia no que se deu en chamar “Novo cinema galego”.
Ángel nunca escoitara falar de Bardaos, mais cando soubo das rectas e cruces das estradas da parroquia, alá se foi "para ver qué pasaba”. Pretendía filmar os cruzamentos e camiños rectos da concentración parcelaria que caracterizan o universo visual de Bardaos para “falar da xente e da vida a través dos espazos baleiros”. Mais o infortunio agardaba por Santos Touza na parroquia do San Pipote. A cámara esnafrouse e só puido gravar oito planos dos camiños de Bardaos. Con tan cativo material tivo que aguzar o enxeño para toparlle o ”punto” a súa peza. Despois de moitas voltas, decidiuse por crear unha ”ficción documental”, unha ucronía ateigada de retranca. Na segunda parte do filme, as historias cruzadas dos personaxes cobran sentido. Calquera veciño ou veciña poderá recoñecer os referentes utilizados -de Fálame de San Sadurniño-, envoltos noutra referencia cinéfila: a música do filme ruso de ciencia ficción "Solaris" (Tarkovski,1972). “Camiños de Bardaos” é un filme intelixente que xoga respectuosamente coa memoria e o presente, invitando sobre todo ao sorriso, en definitiva a compartir unha orixinal e inquedante hipótese sobre as terras de Bardaos, que ademais, - quén sabe?-, podería converterse en lenda algún día.
Temas: Bardaos, Chanfaina'Lab, cinema, lendas, vídeos, visitantes
Autor/a: Ángel Santos Touza
Vídeos:
Septiembre (Los amores jóvenes) (2006)
O cazador [2008]
A. [2002]
Sara y Juan (Los amores jóvenes) [2009]