Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

Café Bar Tenda Castrillón

O Chao, Lamas, 1915

Manuel Yáñez Fernández (1876-1954), natural de Penacastrelo (Lamas), era fillo dos labregos Antonio Yáñez Castrillón e Pastora Fernández Canosa. Fai cen anos montou no Chao de Lamas, ao carón da igrexa parroquial, a "Casa Yáñez", un comercio "dos de antes", que subministraba alimentos, tecidos ou trebellos de todo tipo, mais tamén era bar e case o local social da veciñanza de Chao. Manuel foi tamén concelleiro na corporación municipal cos alcaldes José Fernández Pita (22-23); Pelayo Casal (36-37); o seu irmán Segundo Yáñez (37-40) e Faustino López (40-41); politicamente foi tesoureiro do partido Unión Patriótica (1924-1929). Casou con María Couce Romero coa que tivo seis fillos: Manuel, Antonio, Pedro, Arturo, Fernando e María.. Esta última, María Yáñez Couce -ten 90 anos e aínda atende no comercio- casou con Manuel Castrillón Orjales (1924-2009) e a tenda pasou a chamarse "A taberna de Manolo e María" ademais de ofertar servizos de taxi..
En 1991 Carlos Castrillón Yáñez, neto de Manuel Yáñez, e a súa muller Amparo Castro Vázquez inauguran o remudado Bar Castrillón do Chao de Lamas e aí seguen, atendendo este negocio centenario, todo un clásico da parroquia de Lamas.

  • Café Bar Tenda Castrillón

  • Bar Castrillón no 2015

  • "Casa Yáñez"

  • Manuel Yañez Fernández y María Couce Romero, primeiros donos do bar

  • María Yañez Couce e Manuel Castrillón Orjales

  • María Yañez na cociña

  • María Yañez facendo chourizos

  • O antigo negocio

  • María na antiga tenda

  • María con neto Jason no ano 1971

  • Manuel Castrillón e María Yañez, cos fillos Carlos e Manuel

  • Inicios do bar Castrillón

  • María atendendo no bar Castrillón

  • María con Amando García Casal (Amandino)

  • María, Carlos e Amparo no 2015

  • María facendo as contas na tenda

  • María Yañez e o fillo Carlos Castrillón

  • María na frutería

  • O supermercado Castrillón

  • O bar-tenda Castrillón

  • O interior do bar Castrillón

  • Publicidade de Manuel Castrillón no "Cantareliña 85"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: bares e tabernas, empresas de servizos, familias, Lamas, xente

Autor/a: Carlos Castrillón Yañez

Compartir en: