Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
San Sadurniño, 2015
Chanfaina'Lab (1) 23 de xaneiro de 2015
Título:"Café-bar SANTOS peluquería"
Directora: Sonia Méndez
Duración: 11'25''.
Sinopse: Retrato deste peculiar establecemento aberto en 1971 onde un pode cortar o pelo mentres toma un café ou bota a partida.
Gravado en San Sadurniño o 6 de setembro do 2014 dentro do programa da Chanfaina' Lab.
Esta é a primeira aproximación ao xénero documental da polifacética actriz, directora e guionista do audiovisual galego Sonia Méndez, gañadora de varios premios Mestre Mateo como a curta "Conversas cunha muller morta" ou a serie online "Angélica e Roberta". Actualmente dirixe o festival internacional de webseries Carballo Interplay.
Gravou o filme no popular establecemento fundado en 1971 por José María Santos, inspirada pola estética e peculiar atmósfera que intuíu neste espazo singular. Dos case 120 minutos de gravación editou esta peza que “plasma con mestría o universo presente e pasado -e un tanto cunqueiriano- do "Café-bar Santos-perruquería" valéndose da narración de Juan Santos e da impagable chispa do seu pai Pepe. A peza percorre sen présa as estancias da barbeiría, do bar e da perruquería deténdose en cada unha delas para explorar os sons e detalles nos que nunca reparamos malia ter estado alí centos de veces. Méndez coloca a cámara estratexicamente e gorécese á mantenta detrás dela para interferir o menos posible nesta auténtica reflexión sobre o paso do tempo e o cambio dos tempos. Unha ollada protagonizada polo espazo e por persoas que, aínda non dicindo nada, contan moito desa esencia case de realismo máxico que desprende o que todos e todas coñeceremos sempre como "O barbeiro". (Da web do Concello)
Temas: bares e tabernas, Chanfaina'Lab, cinema, San Sadurniño (parroquia), visitantes, vídeos
Autor/a: Sonia Méndez Alonso