Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

"Brío"

San Sadurniño, 2015

2ª Chanfaina'Lab (13). Estrea venres, 13 de maio do 2016
Directora: Ana Domínguez
Coa colaboración de Ángel Rueda
Coa participación das nenas e nenos do Club Brío de San Sadurniño
Sinopse: "O ser humano, o bosque, un tren e unha cámara. Simbiose continua entre a natureza e a máquina. Ensaio sobre o movemento que eleva á imaxe móbil como personaxe principal, nun ballet mecanicamente orgánico".
Duración: 4’ 55’’
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en San Sadurniño dentro do programa da Chanfainalab.



A cineasta valdeorresa Ana Domínguez formouse como artista plástica na prestixiosa Escola Massana de Barcelona e na Universidade de Göttingen (Alemania). A súa traxectoria artística desenvolverase entre Galicia, Barcelona e Alemania, realizando exposicións de pintura, deseños de decorados e vestiario para cinema e teatro ou formando parte do grupo multidisciplinar e intercultural "Projecto Ninguém", onde realiza performances pictóricas por Galicia. Nos últimos seis anos a actividade da cineasta está a cabalo entre a dirección e coordinación –xunto con Ángel Rueda,- do prestixioso festival de vangarda (S8) Mostra de Cinema Periférico e a realización de filmes de videocreación, entre os que ultima a súa primeira longametraxe documental “Os fillos da vide".

A inspiración principal da súa peza para Chanfaina´Lab, foi o grupo de baile moderno e rítmico Club Brío de San Sadurniño: “ Pareceume moi sorprendente que nun entorno rural pequeno, houbese esta sensibilidade para ofertar aos máis cativos un espazo de creatividade. Quixen plasmar esa sensibilidade creativa das nenas e nenos dun entorno rural, centrándome nun enfoque puramente plástico do movemento, creando unha danza cos movementos dos corpos infantís e ca natureza retratada dende a ventá dun tren en marcha, o FEVE que cubre a ruta Ferrol–San Sadurniño. Tamén tiven en consideración obras de referencia que me gustan moito como Meditation on Violence,(Maya Daren,1948) ou Ballet mecanique (Fernand Leger, 1924)".

Así pois, a cineasta pretende rexistrar a través da cámara fixa a plasticidade do movemento e proponnos que gocemos co movemento dos corpos e o movemento do tren. Ana Domínguez xoga co ritmo visual e sonoro que envolve a peza, na procura da plasticidade dos corpos, mais tamén das vías do tren que bailan, como baila a paisaxe a través da ventá e que nos conduce á ensoñación que producen os movementos rítmicos dos pequenos corpos das nenas e nenos que bailan. En definitiva, unha invitación á relaxación, ao goce sensorial e a degustar a calidade e o ritmo visual destes grandes artistas de San Sadurniño
Retrato de Brío ao ritmo de Bach

  • "Brío"

  • Ana Domínguez filmando

  • O ritmo da paisaxe dende o tren FEVE

  • Artistas do Club Brío

  • Angel Rueda e Lucía Vilela no xantar da Chafaina

  • Ana no xantar da Chanfainalab

  • Ana fotografando as pinturas de Igrexafeita e atendendo ás explicacións de Jose María Ladra

  • Ana e Angel á porta da igrexa de Igrexafeita na Chanfainalab

  • Miguel Mariño, Ana Domínguez e Gonzalo A. Veloso no fotocall da Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cinema, Chanfaina'Lab, asociacións actuais, deporte, lecer, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), tren, vídeos, visitantes

Autor/a: Ana Domínguez

Vídeos:
Os fillos da vide (teaser)

Compartir en: