Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
Marqués de Figueroa, San Sadurniño, 2000
A Biblioteca Municipal de San Sadurniño foi inaugurada polo alcalde Constantino Bedoya o 23 de abril do ano 2000 na actual Casa da Cultura cun fondo inicial de 5.000 libros.
Mais a Biblioteca naceu anos antes no convento de San Sadurniño , sendo inaugurada polo alcalde Cesar Lopez o 20-5-1983 cara o final da lexislatura.
Na súa traxectoria conta con dous recoñocementos do Ministerio de Cultura pola labor levada a cabo. O primeiro premio foi grazas o proxecto “Un paso mais” presentado na sexta campaña de dinamización lectora do ano 2003 (accésit) e o segundo no 2012 na XIV Campaña de animación á lectura María Moliner co proxecto: "Lendo en San Sadurniño", que estivo entre os 300 mellores de España. A Campaña de animación á lectura en municipios de menos de 50.000 habitantes é, desde 1998, un concurso dirixido ás localidades destas características para premiar os mellores proxectos, ou actividades desenvolvidas, co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre nenos e novos. O artista Carlos García Romero decorou as paredes da Biblioteca.
Se es usuario con carné da nosa biblioteca podes rexistrarte en GaliciaLe, a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas, que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura. En GaliciaLe o lector/a atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos
Podes seguir o facebook da biblioteca de San Sadurniño.
Ana Isabel Gavín, a bibliotecaria, fálanos da historia e actividades levadas a cabo neste tempo.
Temas: nenos e nenas, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia), escola, Internet, lecer
Autor/a: Ana Isabel Gavín Merlán