Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Balada cover"

San Sadurniño, 2015

Chanfaina'Lab (3) Estrea venres, 6 de febreiro do 2015
Título: Balada cover
Voz: Celia Parra
Director: Juan Lesta&Belén Montero
Duración: 5'23''.
Sinopse: Deconstrución e reconstrución do poema “Fuente Vaquera” de José María Gabriel e Galán. A historia acontece no "pozo dos donceis", preto da Fraga da Marquesa de San Sadurniño no verán de 1889.
Gravado en San Sadurniño, Naraío e Lamas o 6 de setembro do 2014 dentro do programa do Chanfaina' Lab.


Juan Lesta e Belén Montero fundaron en 1999 Esferobite, unha sólida estrutura artística, na que teñen amosado dabondo a súa mestría ao longo dunha frutífera traxectoria ateigada de premios e recoñecementos, tanto en España como no estranxeiro. Cun notábel dominio das técnicas da imaxe dixital, Juán e Belén adaptan libremente un poema de José María Gabriel e Galán escrito no San Sadurniño de 1889, inspirándose no universo que se agocha tras dos recunchos do río Xuvia. O filme é unha videopoesía que fusiona imaxes de arquivo, imaxes reais tratadas dixitalmente e o texto poético; unha peza que só pide ao espectador "deixarse levar" pola beleza misteriosa do río. "Balada cover" ademais, reflicte con ironía o ronsel da marquesa Natividad Quindós nas paisaxes contemporáneas de San Sadurniño.

  • "Balada cover"

  • Juan e Belén expoñen no Centre Pompidou (Metz)

  • Gravación de Balada Cover en Lamas (Gabriel Tizón)

  • Juan Lesta na gravación de Balada Cover en Lamas (Gabriel Tizón)

load

Documentos:

Poema de la Fuente Vaquera
Curriculum Juan Lesta
Curriculum Belén Montero

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, Chanfaina'Lab, cinema, Lamas, naturezas, Pazo da Marquesa, poesía, ríos, San Sadurniño (Concello), tren, vídeos, visitantes

Autor/a: Juan Lesta e Belén Montero

Vídeos:
As cousas. "Proxecto NIMBOS"

Compartir en: