Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Badaladas de vida e morte"

San Sadurniño, 2023

7ª Chanfaina Lab (15). Estrea: venres 26 de maio do 2023
Guión e dirección: Rubén Coca
Sinopse: “O son da ausencia, os ecos do pasado, a vida entre recordos, a importancia do que nos une, unha vida entre badaladas”
Reparto: Erika Seven, Fran Nogueira e Xesús Rivas Xusto
Música de Sandford Music Factory.
Duración: 12' 11"
Gravado na Casa Rural Outeiro e na Igrexa parroquial de Santa María de San Sadurniño, dentro do programa da 7ª Chanfainalab



Rubén Coca, (Ferrol 1977). Licenciado en comunicación audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, Rubén desenvolveu unha prolífica traxectoria como creador e promotor na música e o audiovisual galego. Comezou a realizar curtametraxes aos 21 anos. “La vida mata” (1999), "El fruto del tedio" (2000), “Aquí no hay playa” (2001) e "NotamotoF", que acadou unha grande difusión en máis de 50 festivais internacionais. Así mesmo traballou para TVE, Canal 9, TVG e a empresa Nezcom coa que produce numerosos spots e videoclips. En 2007 realiza a peza experimental "Ecos/Echoes" (2007), "La princesa Alegría" (2008), (premio Mestre Mateo) e "Mínimo común múltiplo" (2008). No 2009 produce a primeira curta de animación, "La niña que tenía una sola oreja" (2009), acadando máis de 15 premios nacionais e internacionais e seleccionada en 70 festivais por todo o mundo. En 2010 co-produce xunto a Carlos Alberto Alonso a longametraxe documental "Roger de Flor: naturalidade silvestre", nominada ao Mestre Mateo á mellor longametraxe documental. Dende 2007 compaxina o audiovisual coa xestión e dirección de eventos culturais e cinematográficos a través de "Artyc Content" e como director de programación da sala de concertos "Super 8" de Ferrol.

Dende a primeira edición da Chanfainalab, quixemos contar coa presenza dun dos cineastas máis sobranceiros de Ferrolterra. Rubén coñece ben o noso territorio, pero levaba varios anos centrado na súa faceta de promotor e produtor musical, aínda que tiña no corazón a ansia por recuperar de novo a creación audiovisual: “A verdade é que levaba varios anos organizando espectáculos e concertos ou xestionando a sala Super 8 de Ferrol e nunca tiven a ocasión de achegarme ate Sansa. Por iso, a experiencia da Chanfaina supuxo tamén un reencontro comigo mesmo, ademais de poñerme a proba. Inspireime en principio na canción "Show Me The Rain" dun grupo local que adoro dende hai anos: a banda de San Sadurniño, Sandford Music Factory. A peza pretende representar as vivencias do día a día por mor da perda dun ser querido en formato de videoclip. Despois, estando xa en Sansa, o son das campás da igrexa de Santa María inspiroume para rexistrar as badaladas como unha metáfora de que a vida continúa tamén día a dia a pesares de todo. A ollada aos ecos dunha vida que non existe e está preto de perderse na memoria e as campás que resoan dentro de cada un de nós e os sons que rexen o devalar cotián da veciñanza nos espazos comúns".

"Badaladas de vida e morte" resulta unha peza evocadora, ateigada de melancolía que fala das músicas e das campás, ambos ademais como caras dunha mesma moeda: a ficción con actores coñecidos e o documental que pon luz sobre o traballo do campaneiro de Sansa, Xesús Rivas. “A música, o tic tac e os sons das badaladas son os fíos que unen a ficción coa realidade: o que vemos e o que perdemos. A nivel formal fun directamente á representar a idea básica coas imaxes, de xeito lineal, sen artificios formais e cos menores recursos posíbeis. Penso que está ao alcance de calquera espectador/a". Esta é unha peza fermosa e orixinal, ateigada de suxestións sutís que nos ofrece a partes iguais lirismo e memoria a partires da melancolía da perda. Semella que Rubén Coca está en plena forma.

Fotografías de Cesar Galdo

  • "Badaladas de vida e morte"

  • Rubén Coca na exposición sobre "O bosque animado"

  • Rubén Coca e @s chanfaineir@s na presentación da VII edición.

  • Rubén Coca na presentación da VII Chanfainalab

  • Rubén Coca e a deusa Navia

  • Rubén Coca na plantación da árbore conmemorativa do VII Chanfaina Lab

  • Rubén na foto de familia da VII Chanfainalab

  • Rubén Coca na "Eira de cineastas"

  • Rubén Coca na procura de inspiración

  • Rubén Coca na VII Chanfainalab

  • Erika Seven, actriz de "Badaladas de vida e morte"

  • Rubén co seu reparto: Erika Seven e Fran Nogueira

  • Rubén no xantar da VII Chanfainalab

  • Rubén no xantar da Chanfaina

  • Cruz Piñón e o actor Fran Nogueira

  • Rubén Coca na despedida da Chanfainalab

  • Rubén na gala da Chanfainalab

  • Rubén Coca presentando "Badaladas de vida e morte"

  • Público na Casa da Cultura na gala da Chanfainalab

  • Rubén Coca na foto de familia na gala da VII Chanfaina Lab

  • Rubén Coca presenta a curta "Badaladas de vida e morte"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, visitantes, Convento do Rosario, sons, San Sadurniño (parroquia), patrimonios

Autor/a: Ruben Coca

Compartir en: