Marques de Figueroa, San Sadurniño, 1995
A Asociación Cultural "Bidueiro" foi o referente mais relevante do acontecer cultural de San Sadurniño desde 1995 ata a disolución no ano 2012. Unha das súas primeiras iniciativas foi a loita contra os vertidos contaminantes da empresa “El cisne” mediante campañas de concienciación e limpeza das beiras do Xuvia e diversas accións ecolóxicas. Mais durante os anos seguintes, dende a Asociación organizáronse numerosas actividades de todo tipo: cursos, teatro, proxeccións, excursións, celebracións do Entroido ou Nadal, ata o deseño inicial da ruta do río Aceiteiro. A iniciativa máis duradeira no tempo foi a Feira da plantación, que aínda segue a realizarse o último domingo de abril. A idea inicial era a recuperación da feira tradicional que deixara de facerse a fins da década de 1960. No 2015 celebrou a súa XX edición.
Regina Cinza e Pepe Gudín falannos da historia, obxectivos e actividades desta dinámica Asociación.
Axuntamos a colección case completa das revistas editadas co gallo da Feira da plantación. Polo momento podes descargar as editadas na VII edición (2002), VIII (2003), IX (2004): X (2005), XII (2007), XIII (2008), XIV (2009), XV (2010), XVI (2011) e XVII (2012) con mais información sobre esta singular iniciativa, agora realizada polo Concello de San Sadurniño.
Temas: asociacións históricas, conflitos, eventos, naturezas, ríos, San Sadurniño (Concello)
Autor/a: Xosé López Gudín