asociacións
Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.
Asociación ConcienciArte
Silvalonga, 2014
A "Asociación ConcienciArte, cultura colectiva do rural" naceu no 2014 como froito da inquedanza dun grupo de persoas interesadas en novas alternativas e xeitos de vida. Actualmente conta con 36 socios. O Concello cedeulle o local da antiga escola de Silvalonga, que fora construída coa colaboración da veciñanza a comezos de 1950 e nomeadamente pola teima do mestre, Francisco Dorado, quen chegaría a ser alcalde de San Sadurniño entre 1955 e 1964. Nas imaxes adxuntas podes ver fotografías da antiga escola de Silvalonga.
Os obxectivos da "Asociación ConcienciArte" son -sobre todo- a divulgación e concienciación de novas alternativas vitais no entorno rural. Tamén apostan por un mundo máis xusto, equilibrado e autoxestionado: enerxías libres, alimentación consciente, saúde e plantas medicinais, a música e o creativo como instrumentos de sanación ou o grupo de consumo de produción ecolóxica que xestionan. Habitualmente realizan numerosas actividades como obradoiros de teatro, canto, yoga, plantas, radio, etc. Asemesmo, unha das súas teimas- xunto coa música- é a produción de filmes humorísticos, que difunden a través da canle ConcienciaTV. Podes seguir a dinámica da Asociación a través do seu Facebook. Nos seus vídeos tentan poñerlle retranca a todo, nomeadamente á algúns dos valores dominantes na sociedade contemporánea, como se pon de manifesto nas pezas producidas nas edicións da Chanfainalab "O meigo mouro do repetidor"(2015), "Flipacan" (2016) e "Homilías neoliberales/Decrecentismo" (2017).
Patricia Lamas, Agustina Motas e Carlos Barbados, fálannos da orixe e obxectivos da Asociación:
-
Asociación ConcienciArte
-
Local da Asociación Concienciarte
-
Local da asociación
-
Interior do local en Silvalonga
-
Lugar en ensaio no local
-
Local social
-
Interior da antiga escola
-
Patricia no local da asociación
-
Escola de Silvalonga no curso 1954
-
Conciencia TV
-
Nenas e nenos na antiga escola de Silvalonga
-
Alumnado da antiga escola de Silvalonga
-
A escola de Silvalonga
-
A escola antiga de Silvalonga
-
Profesorado e alumnado na escola de Silvalonga no ano 1950
-
Nenas da escola coa profesora