Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Fraga, San Sadurniño, 1905
Despois de tres veráns intensos, (1902, 1903 e 1904), Natividad Quindós e o seu home deciden que as vacacións de 1905 transcorran no estranxeiro. A primeiros de xullo o Marqués é nomeado cabaleiro da Orde de Calatrava. A comezos de xullo inauguran oficialmente a estatua do Sagrado Corazón de Jesús na igrexa parroquial de San Sadurniño. Mais pasada a festa de Santiago, viaxan cara a Austria onde "pasarán uns días no Tirol e Viena acompañados polo embaixador español". Estando pois o pazo baleiro por vez primeira en varios anos, algún inimigo local dos marqueses plantoulle lume a súa querida fraga. Arderon 18 hectáreas de bosque, a pesares dos esforzos dos veciños por apagalo. Na fraga vivían os cervos que lle regalara Alfonso XIII hai uns meses, mais en maio deste mesmo ano foran "roubados" segundo a prensa. local .
En febreiro deste ano falece o colono mais antiguo da Marquesa, Francisco Bastida (1821-1905), fillo do primeiro alcalde de San Sadurniño
Temas: naturezas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), conflitos
Autor/a: Manuel González Álvarez
Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño