Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
Agra de abaixo, San Sadurniño, 1844
Alcalde de San Sadurniño 1838; (1844-1845)
En xullo de 1843 Isabel II fora coronada Raíña de España, tras da accidentada Rexencia do xeneral Espartero. Comeza o goberno autoritario do xeneral Narváez, quen durante os vindeiros dez anos gobernará España con man de ferro. A nova Lei de Concellos de finais 1843 restituía á que tentara impoñer o partido moderado cando tiña o poder en 1840. A Lei suprimíá a democracia municipal e a elección popular dos alcaldes. A partires de 1844 os alcaldes serán elixidos directamente entre unha minoría dos maiores contribuíntes do Concello. Os "alcaldabeis" e concelleiros debían ser persoas "de orden" e próximas ao partido moderado.
Este era o caso de Antonio Sisto, quen xa fora alcalde durante seis meses en 1838, nos comezos heroicos do Concello de San Sadurniño. Casou con Berta Romero e conformaron a rama materna da saga dos López Sisto. En marzo de 1844 será nomeado alcalde polo novo Gobernador Civil moderado, substituíndo a Pedro Vigo e a todos os concelleiros progresista. Os novos concellais que o acompañan son: José Salas Lago 1º tt alcalde (SS); Juan Pillo (SS); Antonio Prieto Rodríguez (Igrexafeita); José Vigo Rodriguez (Monte); Antonio Fontao (SS); Jacobo Bastida (SS); Juan Sabín; José Mouriz (Lamas); Nicolás Yañez, síndico (Lamas). Pedáneos: Pedro Riobó (Lamas); Benito Calvo (SS); Baltasar Hermida (Monte); José Gato (Ferreira); Vicente Torrente (Igrexafeita); Lorenzo Canosa (Bardaos). En vista do absentismo municipal, o Alcalde avisa que os concelleiros que non asistan as sesións municipais serán denunciados “al jefe político de la provincia”. Os plenos poden durar ata que se poña o sol.
Trala morte de José Santamaría, en 1843 o Marqués de San Sadurniño contratara un novo e eficiente Administrador: o cedeirés Justo Álvarez Sierra. A corporación de Antonio Sisto verá nel cualidades especiais para a xestión económica, ademais de manter contacto directo co aristócrata afincado na Corte de Isabel II en Madrid e militante do partido do goberno. En 1844 noméano depositario de fondos municipais por “ser persona de confianza a esta corporación, como igualmente su casa, de toda seguridad por su situación del edificio” (vive no pazo do Marqués). O concello centraliza nel a tesourería municipal baixo a supervisión do síndico Nicolás Yáñez.
Porque nesta altura, ese é o principal problema de San Sadurniño. A nefasta administración do Secretario municipal Brandariz, deixara ao Concello en bancarrota e con moitos impagados. Produce canseira e desacougo ler os libro de actas dos tempos de Antonio Sisto. Semella que o diñeiro escapáselle como a auga nun cesto. O Concello non ten liquidez e terá que facer fronte aos constantes repartimentos e impostos que se marcan dende a capital. Os arbitrios repártense entre os habitantes das parroquias e os sufridos labregos non dan abasto: imposto "extraordinario de guerra", para o "culto e clero" -que substitúen aos décimos dende 1843-, o de "palla e utensilios", os arbitrios especiais sobre alcohois, carne, sal, etc..A meirande parte das veces as parroquias están ao descuberto e os pedáneos non dan coa clave para cobrar as recadacións. É un sufrimento ver a presión fiscal dende Madrid e á súa vez os apremios do Concello aos labregos morosos das parroquias. Os responsábeis das cobranzas –pedáneos, concelleiros ou delegados- non son quén de liquidar co depositario ou síndico e desaparece o diñeiro. Prodúcense discusións entre as parroquias sobre quén paga mais ou menos. Por certo, as que mais pagan neste tempo son Lamas e Ferreira, moi por riba das demais. Resulta complicado establecer un sistema fiscal xusto nesta altura coa infraestrutura municipal daquela e máis aínda nun concello tan extenso e disperso, sen comercios, industrias ou centros urbáns. En febreiro de 1845 cando se pretenda impoñer un novo arbitrio sobre o xabón, o pleno municipal afirmará que “en este distrito no hay comercio ni consumo de jabón”. De feito, o elevado número de impostos e arbitrios de toda índole é o que tenta solucionar a reforma tributaria de 1845. Na campaña de arranxo de camiños e pontes no verán de 1845, - por estar intransitables- organízanse patrullas de traballo supervisadas por capataces parroquiais. Un día a semana durante 10 horas por familia. Aos que falten impónselle multas..
O segundo gran problema de San Sadurniño é a inexistencia de escolas públicas. Por mandato imperativo do "Plan Pidal" do goberno de Narváez, créase a Junta local de Enseñanza para "promover o ensino no distrito". A xunta está composta polo rexedor Juan Pillo, o párroco de San Sadurniño, Andrés Couto e dous homes de probado prestixio local: Juan do Casal (Ferreira) e José Antonio Rey (Lamas). O seu informe de maio de 1844 é demoledor: “No hay el menor modo de proporcionar medio alguno del que poder echar mano para reunir la dotación de las escuelas. Tampoco se le puede encargar a los vecinos con lo agobiados que están con toda clase de contribuciones con la guerra, los apremios y ventas de escasos intereses. Muchos tuvieron que quedarse sin la cosa más precisa para su subsistencia. Por separar, aunque las escuelas se pongan en los puntos más cómodos del centro del distrito sucede que muchos de los niños de las parroquias no podrían alcanzar a asistir por el extremo que debe haber más de una legua y aunque lo quieran efectuar se pasarían el tiempo en el camino aventurándose; al propio tiempo por pequeño descanso que tengan en las tierras labradas con barrios pasarán por sitios a descubierto y montañas que sin duda tendrían que atravesar los mencionados niños. Esta comisión no puede menos que poner en conocimiento de la Comisión Superior de la provincia para que conozca las miserias en las que se halla este distrito y tenga a bien conectar a maestros y padres de familias para que traten entre los mismos el modo de contribuir a mejorar la vida en el distrito”.
Unha das anécdotas mais curiosas deste tempo é a organización de batidas contra das alimañas que estragan a gandería e agricultura. Son máis de 75 homes “monteiros con permiso oficial e de probada solvencia e confianza”cos seus cabalos, escopetas, lanzas e cordas percorrendo as congostras e corredoiras de San Sadurniño na procura de animais de toda índole. Son os mesmos anos nos que se está a producir a colonización do Oeste de EEUU. En abril de 1844 falece o derradeiro frade do abandoado mosteiro do Rosario, primeiro "párroco" de Santa María de San Sadurniño Tomas Sieyra.
A finais de 1844 o Gobernador civil decidiu nomear como novo alcalde ao eficaz administrador do Marqués de San Sadurniño, Justo Álvarez Sierra. Presentación dos quintos na feira publica de ss