8ª Chanfaina Lab (19). Estrea: venres 3 de maio do 2024
Guión e dirección: Cruz Piñón .
Sinopse: “Nun plano secuencia, Cruz Piñón enfróntase cos seu medos nunha casa onde o tempo se detivo hai anos”.
Duración: 3'56"
Gravado en Piñeiros (Ferreira) dentro do programa da 8ª Chanfainalab
Nesta edición Cruz atreveuse a facer unha obra en solitario aínda que tamén tivo tempo para participar na peza colectiva de "A última fonte" ou axudar -coma sempre- nas creacións doutros compañeiros como "O pano de seda" de Kevin Lorenzo ou "A illa de Helios" de Tono Mejuto. A idea agromou nun curso sobre a xénese das ideas e no que se explicaba a función dun plano secuencia, o mais preto do rexistro do tempo real e do punto de vista do protagonista. A Cruz quedoulle na cabeza que era o xeito perfecto para rexistrar unha historia de sentimentos ou emocións: "Cando me puxen a facer o exercicio do plano secuencia, ocorréuseme enfrontarme a un medo que tiña dende cativa, o terror dunha casa na que nunca volvera a entrar e que provocábame verdadeiro pánico. Nesa casa vivín un auténtico inferno e por iso decidín enfrontarme dunha vez por todas aos meus medos detrás da cámara. Mentres facía aquel plano lembrei con nitidez todo o que alí sufrín. De feito, tiña tanto medo mentres gravaba a peza que tremelábanme as pernas e nótase perfectamente a anguria da miña voz. Durante uns minutos foi como si sentira as mesmas emocións que me atraparon de cativa. Mais teño que recoñecer que me sentín moi aliviada cando rematei. Foi como si vencera algo que levaba anos aí dentro".
"Anguria" é un plano secuencia terapéutico que serviu a súa autora, sobre todo, para liberarse dun pasado doloroso e terrorífico. Mais tamén é capaz de trasladar a súa emoción ao público espectador que partilla o terror vivido. "Quedei moi satisfeita cando rematei a gravación, aínda que sentira a mesma anguria de tantos anos. Quería sacalo do peito e abofé que o conseguín. Fiquei curada, aliviada e lixeira ao fin, despois de tanto tempo.” Esta é a lección de vida que nos achega a valentía exploratoria de Cruz Piñón: enfrontarse directamente aos medos para superalos. É unha marabilla que o faga a través dunha cámara de vídeo na que se fusionan cinema e vida persoal. Ese recendo de alivio e liberdade que sentiu a nosa cineasta é a proba de que coa autenticidade chégase sempre ao corazón do espectador.
Fotografías César Galdo.
"Anguria"
Cruz paseando pola Cortiña con cineastas da Chanfainalab
Cruz Piñon con cineastas de 8ª Chanfainalab
Cruz escoitando a charla xeolóxica de Fran Canosa
Cruz Piñón na fotografía oficial da 8ª Chanfainalab
Cruz Piñon na "Eira de cineastas" da 8ª Chafainalab
Veteran@s da Chanfainalab
Cruz, Maruxa e Carmiña na "Eira de cineastas" da 8ª chanfainalab
Cruz no cine mobil de José Gil
Cruz e Tono Mejuto
O galiñeiro de Cruz como localización de Tono Mejuto