Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Amar #01"

Naraío, 2015

Chanfaina'Lab (14) Estrea venres, 24 de abril do 2015
Título: Amar #01
Director: Pablo Portero
Edición e montaxe: Fer Patiño
Música orixinal: Kozmic blues
Posprodución de audio: Juampa Ameneiros
Duración: 3'
Sinopse: "A apertura a unha historia acerca de a mar e amar, e un percorrido interior polo fondo dun creador".
Gravado en Naraío e a costa ártabra os días 6 e 7 de setembro de 2015 dentro do programa da Chanfaina' Lab


O ferrolán Pablo Portero é un guionista e director con mais dunha década de experimentación as súas costas, responsable de proxectos como "Camposanto" (2009) ou "Despierta" (2012). Tamén mantivo colaboracións fixas en prensa como "Ferroles" e exerceu a crítica cinematográfica en "Cinefilia".
Sempre interesado na experimentación formal e nas interacións entre o home e a natureza, Pablo realizou para a Chanfaina'lab "Amar #01", un poema visual que representa a primeira peza -a modo de apertura- dun total de 17 curtas que se integrarán nunha longametraxe única. Será un filme moi persoal, no que Pablo interrógase a sí mesmo, ás paisaxes da natureza coas que interactúa, ás lembranzas, ás sensacións como pegadas do tempo nos espazos amados e tamén do aprendido nos libros e as palabras. "É unha peza independente, que pertence a algo máis grande, a unha estrutura que é a de Amar, onde non só exerzo de director e guionista, senón tamén, en certo modo de protagonista".
"Amar #01" é unha invitación a sentir, como reza o texto da canción de Kozmic blues: "Agora xa podo sentir", sentir a natureza en plenitude, as texturas das rochas e o frescor do río, andar descalzo pola herba, o sabor das amoras, o recendo dos libros, a area da praia ou a brisa do mar. Como di Pablo: "Fago as cousas con amor, como dende o principio".

  • "Amar #01"

  • Pablo Portero

  • Susi, Fer, Carme, Alberte e Pablo Portero no Hostal Carballo

  • Pablo e Fer por Naraío

  • Saudo do alcalde aos creadores da Chanfaina'lab. Pablo e Fer na esquina

  • Pablo Portero e Fer Patiño na gravación de Amar #01

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, Chanfaina'Lab, cinema, naturezas, visitantes, vídeos

Autor/a: Pablo Portero

Vídeos:
Camposanto (2009)
"Despierta" (2012)

Compartir en: