San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño
Pedroso, Narón, 2011
No ano 2004, Amalia Guerrero e Manuel Tizón crearon en Madrid "Amalia & Manuel", un dúo de violín e guitarra especializado na música de cerimonias civiles e relixiosas; mais no 2011 decidiron darlle un xiro á súa vida e apostar polo rural. Ambos profesionais son titulados polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. O ferrolán Manuel Tizón é un experimentado compositor, guitarrista e profesor de música; a madrileña Amalia Guerrero, unha virtuosa violinista.
O repertorio que interpretan é moi amplo, dende música clásica até o jazz, pasando pola música celta, bandas sonoras de filmes, series de TV, pop ou bossanova. O trato é totalmente personalizado, interpretando a música "á carta", adaptándose ás necesidades do cliente, evento ou cerimonia.
Podes seguilos no seu Facebook
Aquí podes ver a súa interpretación de "Nothing else matters" (Metallica), que se achega as 30.000 reproducións en Youtube.