Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1909
O 25 de xullo de 1909, arredor das cinco e cuarto da tarde, o rei Alfonso XIII , acompañado polo xefe do goberno español Antonio Maura , achegouse por segunda vez ao Pazo dos marqueses de San Sadurniño, onde foi agasallado cunha refinada merenda-cea amenizada pola rondalla “Airiños d'a miña terra" baixo a batuta do Sr Pampín. A visita real foi coidadosamente organizada pola Duquesa Natividad Quindós. O Concello, presidido por Ángel García Fernándeztamén participa nos festexos "levantando un arco de triunfo frente al pazo y en la noche del 25 una velada con iluminación a la veneciana amenizada por un baile de música". Todo elo costará 383 pesetas ás arcas municipais.
O rei durmirá nas suntuosas habitacións do Pazo, convenientemente arranxadas para esta ocasión especial. Xustamente pola tardiña chegaron telegramas coas primeiras novas da Semana Tráxica de Barcelona que provocaría unha grave crise institucional e o comezo do desprestixio da monarquía alfonsina. Quizais foran eses os “asuntos urxentes” que o Rei despachou nunha xuntanza de crise co Presidente do goberno, un pouco despois da unha da madrugada, nun salón do pazo de San Sadurniño. Por un día, o epicentro político da España da restauración situouse ás beiras do río Xuvia.O rei regresará a San Sadurniño en 1927.
Despois da estadía real, os marqueses de San Sadurniño viaxaron ata Santiago para gañar o xubileu e visitar a Exposición rexional co galo do Ano Santo compostelán.
Descarga a crónica da visita publicada en “El eco de Galicia” (27/7/1909) e a satírica reseña da revista local Pumariño (1977)
Temas: coches, Pazo da Marquesa, visitantes, San Sadurniño (Concello), música
Autor/a: Manuel González Álvarez
Vídeos:
Semana Tráxica de Barcelona