Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Aínda hoxe as horas"

Naraio,Lamas, Bardaos e Igrexafeita, 2024

8ª Chanfaina Lab (25). Estrea: venres 31 de maio do 2024
Dirección, guión e montaxe: Mirian Opazo .
Reparto: a tatuaxe de María Marlen .
Sinopse: "Aínda hoxe as horas é una peciña sinxela, pequeniña, que sae do burato do peito polo que debemos deixar escapar a negrura cando nos anega os pulmóns. Este filme é una carta de amor. O amor e a morte son indelebles, coma o granito eterno da Serra do Forgoselo."
Duración: 9’ 54’’
Gravado en Naraío (beiras do río Castro), cemiterios de Lamas, Bardaos e Igrexafeita, dentro do programa da 8ª Chanfainalab. Seleccionado na sección "Furacáns" no Festival de Cans 2024



Mirian Opazo (Xinzo de Limia, 1998).
Gradouse en Belas Artes na Universidade de Salamanca (USAL) e estudou, na mesma cidade, un máster en estudos avanzados en Produción e Prácticas Artísticas. Empezou o grado coa seguridade de que, chegado o momento de escoller itinerario, escollería pintura. Mais á hora de tomar esa decisión, dous anos despois do inicio do grado, apostou polo audiovisual como ferramenta para contar e contárense a si mesma. No 2022 a peza presentada na sección Paraíso na (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, “Os retratos do silencio”, foi premiada nos Xuventude Crea 22 da Xunta de Galicia. Nese mesmo ano, con “Ningún Deus”, foi mención de honra do xurado do Festival de Cans, ademais de exhibirse no Festival Intersección 2023 e na 37ª edición do Cineuropa.

Mirian aterrou en San Sadurniño cunha idea clara do que ía a contar, pero non tanto o como, a forma: "Sabía que quería falar da memoria, seguir tirando do fío do que comezara a tirar no mestrado, e tiña na mente a imaxe do cemiterio. Nese senso, a visita ó Forgoselo con Fran Canosa foi reveladora. Entendín iso de que “no alto do Forgoselo a auga erosiona os penedos coma o tempo erosiona a memoria”. E que dese mesmo granito que lle da forma ó monte, están feitas as sepulturas. A relación entre aquela paisaxe, a memoria e a ausencia fíxoseme nítida e clara, e un paseo ás beiras do río Castro, en Naraío, fixo o resto. A viaxe a San Sadurniño foi sanadora. Cando unha fai cinema en primeira persoa, por moita autoficción que queira vender, sempre deixa parte de sí en cada peza. Nesta botei as tripas. Non é doado, a priori, confesarlle a unha persoa á que quixeches e que xa non está, que cando morreu, non a choraches. Que, polo que fora, non puideches sentir pena entón, mais que a vas lembrar sempre, coma unha sorte de doce penitencia. A min tocoume lidar con esa culpabilidade. Mais co tempo entendín que o punto emocional de extrema apatía no que me atopaba naquel tempo, non me deixou sentir tristeza. E que non pasa nada. Os pensamentos arredor da cuestión da memoria e da ausencia naqueles días en San Sadurniño, rodeada daquela paisaxe que, como ben refire Aldara Pagán, faite sentir eterna, devolvéronme aquela sensación de paz ao comprender que non debía odiarme por aquilo. Nin a min nin á outra persoa. Que a culpa non era de ninguén. Lembrar iso e canalizar determinadas emocións a través do monte, do río, dos penedos… foi curador".

"Aínda hoxe as horas" é unha fermosísima peza do "cine do eu", onde os sentimentos desbordan fora do marco do encadre para achegármonos ao interior da cineasta da Limia, que se revela a través dunha voz nidia e verdadeira como as augas axitadas do río Castro:"De todo este remuíño de emocións e asociacións saíu unha peza, como digo, pequeniña e sinxela na forma mais, penso, chea de sensibilidade e intención no contido. Alén de ser unha sorte de catarse persoal e íntima, abre a posibilidade á reflexión arredor de cuestións como a ausencia, o esquecemento e a lembranza, ou se queremos ir un tanto máis aló, a propia culpa. Como xa vai sendo para min costume, esta peza inscríbese, se se quere inscribir nalgures, no cinema de non-ficción en primeira persoa. Entre eses filmes que falan do pasado dende o presente e que ocupan posicións alonxadas das que todas albergamos no imaxinario, sen tratar de recrear o pasado, senón traendo a lembranza ao agora, deixando que se inflúan mutuamente". Pouco máis podemos engadir que invitar a deixarse levar por esta proposta hipnótica cociñada polo talento de Mirian e, acreditar que aquí habita unha gran cineasta con mirada propia.
Forografias de César Galdo.

  • "Aínda hoxe as horas"

  • Mirian, observando a plantación do sanguiño conmemorativo da 8ª Edición

  • Mirian segue a observar a plantación...

  • Mirian observa á deusa Navia

  • Mirian na foto oficial da plantación do sanguiño conmemorativo.

  • Mirian na foto oficial da 8ª Chanfainalab

  • Mirian no centro de cineastas da 8ª Chanfainalab

  • Mirian na "Eira de cineastas"

  • Mirian traballando a inspiración.....

  • María Marlen e Mirian Opazo

  • María e Mirian controlando unha toma.

  • Mirian no público da 8ª Chanfainalab

  • Abel, Brais e Mirian na gala da 8ª Chanfainalab

  • Mirian no esceario da Gala da Chanfainalab

  • Mirian coa súa "Lola Chanfaineira" presenta "Aínda hoxe as horas"

  • Mirian e cineastas da 8ª Chanfainalab

  • Miriam Opazo presenta "Aínda hoxe as horas"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cinema, fontes, Forgoselo, Igrexafeita, Lamas, Naraío, naturezas, ríos, vídeos, visitantes, Bardaos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Mirian Opazo

Vídeos:
Mirian presenta "Ningun Deus"
Mirian presenta "Retratos do silencio"

Compartir en: