Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

“A vista de cabalo do demo”

Bardaos, 2018

5ª Chanfaina Lab (5). Estrea venres 15 de marzo do 2019.
Director: Bieito Beceiro
Sinopse:"Unha viaxe pola natureza dende un punto de vista un tanto peculiar."
Música: "Voo do moscardón” de Rimsky-Korsakov.
Duración: 3' 49''
Gravada en Bardaos do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Bieito Beceiro é un mozo inquedo e activista da parroquia de Bardaos. Estuda o terceiro curso na Facultade de Informática en Coruña e xa ten amosado o seu bo facer en diversos vídeos relacionados coa historia local que poden verse en "Fálame de San Sadurniño" como "Celtas en Bardaos?", "Toma de posesión de Bernardino de Andrade", "Bardaos 1752" ou "O ano funesto do marqués" e na Chanfainalab 2017, "Indefinido". Nos últimos anos está a realizar os "Pregóns do San Pipote" para a popular Festa da súa querida parroquia de Bardaos. Na 5º chanfaina tamén acreditou as súas dotes de actor en "Breixo" de Javier Seoane

Nesta edición, a cabeza de Bieito tampouco parou e quixo argallar por novos camiños e xeitos de narrar. Non deixou pasar a ocasión para facer algo diferente na procura do espírito de experimentación que vai da man da participación na Chanfainalab: "Esta peza xurdiu ao aplicar un método caseiro de estabilización da cámara. O experimento tivo un resultado inesperado, pois produciuse un efecto que lembra ao movemento dun cabalo do demo en lugar de reducir os movementos non desexados na gravación. E foi ao analizar ese resultado cando se me ocorreu a idea principal, pero faltábame como introducila, e para iso pensei no símil entre o insecto e un helicóptero."

"A vista de cabalo do demo” é pois un xogo visual de quen mira ou escoita, mais alterando o punto de vista da mirada, neste caso o dunha libeliña que incordia o gando ceibo. No cinema convencional o cineasta empraza a cámara nun lugar concreto e mira cara un punto establecido seguindo unha lóxica narrativa na que o espectador olla o filmado dende un punto de vista que pretende ser "obxectivo". Mais Bieito segue na procura do seu estilo persoal, experimenta no proceso de gravación, que reforza coa idea musical do "Voo do moscardón” de Rimsky-Korsakov: "A observación das reaccións dos animais (curiosidade, medo, etc) ao introducir un elemento estraño no seu hábitat (neste caso, eu e máis a cámara) como si fósemos un cabalo do demo". Disfrutade con esta viaxe inesperada que nos achega á intimidade de seres vivos aos que posiblemente vexamos tan só como parte da paisaxe, en planos xerais. Hai que agradecerlle a este mozo de 20 anos que siga a traballar coa subxectividade e a experimentación na procura da mirada propia.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • “A vista de cabalo do demo”

  • Bieito na 5ª chanfainalab

  • Con Sebas de paseo por Sansa

  • Bieito na recepción d@s chanfainer@s

  • Bieito con Manolo Gonzalez na 5ª chanfainalab

  • Bieito na foto oficial da 5ª chanfainalab

  • Bieito na Eira de cineastas

  • Bieito na gravación na 5ª chanfainalab

  • Figurante sen frase de “A vista de cabalo do demo”

  • A camara de Bieito "voando"

  • Revisando o material

  • A peligrosa vida do cineasta

  • Bieito e a familia, raza de Bardaos

  • Co publico na estrea de “A vista de cabalo do demo”

  • Na estrea mundial da 5ª chanfainalab con Sabela, Irene e Mónica

  • Bieito presentando “A vista de cabalo do demo”

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, Bardaos, creador@s, gandeiría, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Bieito Beceiro

Vídeos:
Indefinido

Compartir en: