8ª Chanfaina Lab (10). Estrea: venres 29 de marzo do 2024
Guión e dirección: Carmen Bouza, Carmen Couce, Cruz Piñón .
Reparto: Puri González, Pilar Bouza, Mariluz Tembrás, Mercedes Chaparro, Araceli Graña, Cruz Piñón, Carmen Couce e Carmen Bouza.
Música: Gustavo Santaolalla. Tema: "The last of us"
Sinopse: “O futuro xa está aquí, diante dos nosos ollos, aínda que non o vexamos. Partimos do pasado para viaxar cara un futuro incerto”.
Duración: 5'36"
Gravado en Lamas dentro do programa da 8ª Chanfainalab
As mulleres do colectivo de "Teño unha horta" son absolutamente imprescindíbeis para a Chanfainalab: axudan as cineastas no que faga falta, dende as tarefas de localización e produción ata o reparto e interpretación. De feito podémolas ver xuntas noutras pezas desta 8º edición como "O pano de seda". Sen embargo, na Chanfaina sempre andamos pendentes da sorpresa que nos agasallan ano tras ano as nosas cineastas seniors. Nesta edición optaron por achegarse ao futuro: "Este ano foi todo un tanto especial e diferente. Queríamos facer unha idea orixinal e actual, porque non deixamos de sorprendernos polo cambio do clima e do mal que vai o mundo, así que propuxémonos levar adiante unha curta de ciencia ficción. Queríamos facer algo distinto. O tempo anda tolo e aínda que non imos vivir ese negro futuro que se aveciña, preocúpanos o mundo que imos deixarlle aos nosos fillos e netos, porque ao mellor teñen que emigrar cara outros planetas. Partimos dunha recreación da Fonte do Fabal e como era a vida no 1924, para viaxar no tempo até o 2124, cun incerto e difícil futuro no que hai que sobrevivir ao límite, como se pode, porque xa non hai leitugas, tomates ou patacas."
"A última fonte" é unha insólita peza de ciencia ficción moi persoal sobre o cambio climático e a perda do noso presente e pasado, nun mundo sen hortas: "Que queríamos transmitir? Pois iso, que o futuro promete mal. Está máis negro que branco. No sabemos si a xente entenderá a mensaxe que pretendemos lanzar, pero coidamos que non é difícil de seguir. Nós quedamos moi satisfeitas do resultado. Partimos do pasado, de hai cen anos, mediante unhas gafas virtuais, mais logo viaxamos a un futuro que nos obriga a ir armadas e preparadas para a autodefensa, por mor dos perigos que nos axexan nese futuro escuro, onde a humanidade está perdida. A música do final está sacada dunha serie moi popular de ciencia ficción que intenta reforzar a idea que queremos transmitir". De seguro que Maruxa, Carme e Cruz, as nosas bravas cineastas máis veteranas, sobrevivirían nun mundo distópico e sen hortas. Non hai quen poida con elas, pero sobrevivirá daquela a fonte do Fabal?
Fotografías César Galdo.
"A última fonte"
De camiño á Cortiña
As tres na foto conmemorativa da 8º chanfainalab
Maruxa, Carmiña e Cruz na foto oficial da 8º chanfainalab
"Teño unha horta" na "Eira de cineastas"
Cruz, Maruxa e Carmiña na "Eira de cineastas"
Vendo a expo da Chanfainalab
Maruxa e Carmiña recollendo a "lola Chanfaineira"
Publico que peta a Casa de cultura na gala da Chanfainalab
Carme Bouza, Maruxa da Laxe falando de "A ulima fonte"
As tres protagonistas de "A ultima Fonte " no esceario da casa de cultura
Cineastas da 8º Chanfainalab no esceario da Casa de Cultura
Rodaxe na Fonte do Fabal
Maruxa, Cruz e Carmiña na gravación da curta
Gravación na Fonte do Fabal
C. Couce, C. Piñón e C. Bouza presentan "A última fonte"