Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
Marqués de Figueroa, San Sadurniño, 1908
José López Torre nace en 1859 nas Somozas. Era fillo de Manuel López e Vicenta Torre Fontao. Arredor de 1875 emigrou á Habana. Alí, despois de traballar en varios oficios, montou un comercio de tecidos e colchóns “La segunda Luisita” e foille ben economicamente tras varios anos de duro traballo. Participou activamente como socio fundador na posta en marcha do Centro Galego da Habana en 1880. Na Guerra de Cuba enrolouse como tenente de voluntarios no 7º Batallón de cazadores de La Habana. O caso é que, tras da independencia da colonia española, José López Torre, con 40 anos, decide retornar á terra.
Casou coa súa prima Elisa Victoriana López Balado, nacida en San sadurniño en 1871 á que levaba 12 anos, filla doutro rico emigrante retornado de Cuba, Vicente López Fernández,(As Somozas) casado con Matilde Balado (Neda) e que fora alcalde de San Sadurniño de 1869 a 1871. Don Vicente xa mercara unha casa e algunhas terras por San Sadurniño. Nesa casa, na céntrica Avda do Marqués de Figueroa, José López Torre comeza o século poñendo unha completa ferraxería (a de arriba) e dando inicio a unha das sagas familiares mais coñecidas do concello. Daquela mandaba o alcalde José María Díaz nun San Sadurniño devastado pola pobreza e emigración.
Axiña José López Torre converterase nun dos maiores contribuíntes de San Sadurniño. A súa ferretería debía estar ben surtida pois vendía todo canto se puidera precisar para o traballo no campo, tamén lle daba aos abonos, pensos para animais, e ata explosivos. Dende o comezo participou activamente na vida pública de San Sadurniño, cun posicionamento ideolóxico liberal-conservador. Foi membro da Unión Patriótica, concelleiro e depositario de fondos municipais durante a Ditadura de Primo de Rivera co alcalde Avelino López Sisto (1924-1928). Xuíz municipal nos primeiros anos da segunda república (30-34). Faleceu o 23 de xaneiro de 1937 aos 78 anos de idade, moi afectado polo fusilamento en Ferrol do seu fillo Manolo en agosto de 1936.
José López Torre apostaba pola función "educativa" da emigración, pois todos os seus fillos pasaron temporadas traballando en Cuba.
ROSARIO LÓPEZ LÓPEZ. (San Sadurniño 1900- Ferrol 1972). Casou con Ángel Rodríguez e montarán unha ferretería en Ferrol. Terán nove fillos.
GONZALO LÓPEZ LÓPEZ. (San Sadurniño 1902- Madrid). Foise a vivir a Madrid. Traballou no mundo empresarial como executivo no “Corte Inglés”.
MANUEL LÓPEZ LÓPEZ. (San Sadurniño 1903-Ferrol 1936). Funcionario municipal de Valdoviño. Executado en Ferrol o 25/8/1936.
ANTONIO LÓPEZ LÓPEZ. (San Sadurniño- Ferrol) . Electricista en Bazán. Casou dúas veces con Pilar Soto e María Vila. Quedaranlle tres fillos. Morre aos 40 anos en Ferrol.
GERVASIO LÓPEZ LÓPEZ. (San Sadurniño 1905- San Sadurniño 1970). Casa con Ángela López Fojo. Atenderá o negocio familiar do seu pai e será o promotor e empresario do Cinema Avenida. Quedaranlle dous fillas: Ángela e Raquel.
VICENTE LÓPEZ LÓPEZ. (San Sadurniño 1908- San Sadurniño 1961). Labrego. Casou con María Lagoa Yáñez coa que terá nove fillos: Manuel, María, Isabel, Elena, Ángel, Ladislao, Vicente, Elisa e Asunción.
ELISA LÓPEZ LÓPEZ . Solteira. Vivirá en Ferrol, Coruña e Madrid
Na fotografía, a familia López Torre arredor de 1908: Na esquerda a nena Rosario; Manuel (neno do centro, entre os pais); Gonzalo (na esquina dereita); Antonio (no colo do pai ); Gervasio (na cadeira) e Vicente (no colo na nai); Elisa aínda non nacera.
Agradecemento especial á familia López Pouso polas fotografías e información.
2023-01-04 04:05:32
Me llamo Rosario por ser familia de la saga por parte de Rosario López López. Muchas gracias por este artículo tan emocionante para mí !! Nota para el nieto de Gonzalo López López: me encantaría hablar contigo. Mi madre tiene buenos recuerdos de tu abuelo. He dejado mi correo electrónico a falamedesansadurniño :)
2023-01-13 09:48:27
El mio es lopezgonzalez@hotmail.com
2022-04-26 12:35:01
Soy nieto de Gonzalo López López y me alegra saber los orígenes de mi familia. Gracias!!!