Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"A pena dos tres pés"

O Forgoselo, Igrexafeita, 2015

2ª Chanfaina'Lab (8). Estrea venres, 8 de abril do 2016
Director: Abel Vega.
Sinopse: "Unha viaxe cara á mítica “Pedra dos tres pés” que delimita os Concellos de San Sadurniño, A Capela e As Pontes".
Duración: 11'50”
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 no Forgoselo, Igrexafeita dentro do programa da Chanfaina' Lab.


Aos seus 57 anos, o veciño de Igrexafeita Abel Vega está a vivir unha segunda xuventude. Traballou arreo durante toda a vida, mais unha enfermidade laboral apartouno do seu oficio, a construción. Agora dispón de tempo para atender ás catro galiñas da casa e aprender a tocar o acordeón na súa querida Igrexafeita; mais Abel é un veciño moi dinámico da Xunta Directiva da asociación veciñal Adiante Igrexafeita, onde colabora activamente en calquera iniciativa que se lle poña diante. Ademais de facer os mellores churrascos da contorna, aínda ten tempo para gravar videocartografías do territorio, vídeos nos que amosa lugares singulares de San Sadurniño dende o seu punto de vista, algúns ateigados de lembranzas persoais, outros con vocación didáctica, sempre amosando con orgullo e corazón a patria da infancia, para empoderar e valorizar á veciñanza de Igrexafeita. Podes ver algúns dos seus filmes en Fálame de San Sadurniño para comprobalo.

"A pena dos tres pés" é unha viaxe na procura duns penedos especiais ao carón do lugar de Castro (Igrexafeita) ubicados na Serra do Forgoselo, ateigada de pedras con nomes propios. A pena é unha curiosa rocha, capricho da erosión que, segundo algúns, marcaba a divisoria entre tres concellos e de seguro debeu ter carácter simbólico e máxico para os nosos devanceiros por mor da súa forma peculiar: "Escoitara falar dela a uns veciños que a acordaban de toda a vida alí e díxenme: "eu quero vela". Fun alí e gustoume moito. Como eu tento facer os meus vídeos sobre lugares pouco coñecidos, pensei que sería boa cousa dala a coñecer aos veciños e animalos para que suban a visitala, porque é moi doado o acceso, -mesmo pódese ir en zapatillas- . Tentei transmitir a beleza dalgo que estaba aí antes de que naceramos, dende o principio dos tempos, e que é un monumento natural fora do normal. Da gusto vela e leva con nós, en Igrexafeita, toda a vida".

Asi pois, preparémonos a viaxar ao centro do Forgoselo, enxergados nunha paisaxe brava e telúrica, un mosaico de ecosistemas cheos de diversidade. Da man da cámara e a voz de Abel coñeceremos un fito do patrimonio natural de San Sadurniño aínda descoñecido para gran parte da veciñanza. Resolta practicamente nun único plano secuencia, o cineasta de Igrexafeita fai a videocartografía dun espazo que debería figurar nas guías de lugares máxicos de Ferrolterra. Este filme é unha invitación ao coñecemento e descuberta de territorios marabillosos que están preto dos nosos ollos, mais que non vemos habitualmente. Abel sentiríase moi orgulloso se conseguira que a "Pena dos tres pés" recuperase a función orixinal que debeu ter hai miles de anos nos tempos do megalitismo: un espazo de encontro e referenza da comunidade.
Abel Vega reivindica o que temos máis preto en "A Pena dos Tres pés"

  • "A pena dos tres pés"

  • Abel Vega, cineasta

  • Abel cociñeiro da Chanfaina

  • Abel e Alberte Branco na Chanfainalab

  • Antonio Caeiro e Abel Vega na presentación da Chanfaina lab

  • Abel Vega presentando "A pena dos tres pés"

  • Fran e Caeiro agasallando ao gran cociñeiro Abel

  • Abel en boa compaña no xantar da Chanfainalab

  • Abel Vega coa concelleira de cultura Sabela Cinza na presentación da II Chanfaina

  • Abel Vega e a cámara de Alberte Branco

  • A pena dos tres pés

load

Documentos:

Roteiro da Pena dos tres pés

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, creador@s, patrimonios, megalitismo, paseos, roteiros, Igrexafeita, videocartografías, vídeos, naturezas, lendas, castros, Forgoselo

Autor/a: Abel Vega Vega

Vídeos:
O Muiño dos Gaiteiros
Muiño de Solposto
O Pozo de Lamas
O muíño do Porto
A Fonte do Muiño Queimado

Compartir en: