Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

A pena do trabuco

Naraío, 2026

10ª Chanfaina Lab (15). Estrea: 5 de maio do 2026
Directora: Cruz Piñón
Edición: Roberto Bouza Piñón.
Duración: 6' 52"
Sinopse:A través de Cruz Piñón e da I.A, descubrimos un espazo esquecido e fundamental da Revolta Irmandiña no Castelo de Naraío: A pena do trabuco.
Gravado na parroquia de Naraío dentro do programa da 10ª Chanfainalab

Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab



CRUZ PIÑÓN (Ferreira-San Sadurniño, 1953) é unha labrega nada no Piñeiro (Naraío). Unha das nosas veteranas e imprescindíbeis participantes en numerosos proxectos de "Fálame de San Sadurniño". Xunto con outras catro amigas labregas crearon o proxecto multipremiado "Teño unha horta en San Sadurniño" (máis de 70 vídeos). Sen dúbida algunha, Cruz é xa unha referencia do concello de San Sadurniño a través de obras que a adoptaron como protagonista como "Cruz Piñón" de Xisela Franco ou "Espantos e desencantos" de Ariadna Silva. Porén, xunto coas súas compañeiras -xa como cineastas- sorprenderon nos anteriores Chanfainas coas pezas "Historia do cisne, o atún e a troita", "Boniatos no país do sol poniente", "Electra", "Decides que o matrimonio", "Cando eu era nova" e “A última fonte”. Na 8ª edición da Chanfaina lab (2024), Cruz debutou como guionista e directora dunha peza en solitario: “Anguria” que continuou en 2025 con “A arte do silencio”.

Un día pregunteille ou meu tío Rafael Pereira: "alá polo Castelo de Naraio hai algunha pena que teña nome?" E respondeume: "Si muller, a Pena do Trabuco... Leva aí toda a vida, pero a xente de Naraio non a coñece". Así foi como comecei a interesarme polo sitio, ata coñecer a importancia dese lugar - e a dos trabucos- para a historia de Naraío e San Sadurniño. Este pequeno documental resume a súa historia.

  • A pena do trabuco

  • Cartel da película A pena do trabuco

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, Chanfaina'Lab, conflitos, creador@s, guerra, Horta de Cruz, labregos e labregas, máquinas, Naraío, Señores de San Sadurniño, vídeos

Autor/a: Cruz Piñón Pereira

Compartir en: