O Forgoselo, 2024
8ª Chanfaina Lab (22). Estrea: venres 10 de maio do 2024
Guión e dirección: Pablo Martínez
Fotografía: Aroa Calvo
Sinopse: ""O Forgoselo, espazo de natureza envolvente e mesmo abrumadora, é visto nesta peza dende unha óptica onírica que lle aporta unha idealización coa que poderiamos desentender esta Serra dun lugar que realmente existe"
Duración: 4:08’’
Gravado na Serra do Forgoselo dentro do programa da 8ª Chanfainalab
Pablo Martínez (San Sadurniño, 2004) foi o participante mais novo da Chanfainalab no 2016 cando tiña 13 anos con "O meu traxecto ao cole"; dende aquela participou en todas as edicións. Na Chanfaina 2017 realizou o moi meritorio "Namorándose de San Sadurniño", seguido de “Conectados” (2018), "Xoel e Sancho Yoda" (2019) e "Non fixen curta para a Chanfaina"(2022). Alén diso, Pablo sempre foi un mozo inquedo e activo, pois dende os seis anos gústalle gravar coa cámara "o que pode", aínda que a teima verdadeira da súa adolescencia foi a animación, desenvolvendo unha grande afección polo debuxo. Actualmente estuda Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, mais encántalle argallar, mantendo interese por todos e cada un dos medios actuais de expresión artística. Segue a procurar formas e xeitos de innovarse ou expresar facetas distintas de si mesmo nunha conta de Instagram Baúl de Sentimientos Nostálgicos.
A pesares da súa xuventude, Pablo xa é un veterano da Chanfainalab, polo que pode cociñar a idea durante moito tempo. Nesta edición colaborou ademais en "Catarse" de Aroa Calvo: "A peza foi o resultado dun proceso persoal no que a propia gravación deulle a forma definitiva. A idea agroma da vivencia da dicotomía contraposta da vida cotián na cidade na que estudo e da rural na que podo refuxiarme e á que acudín tras verme abrumado polo ritmo desaforado do entorno urbano. Tamén sentinme inspirado polo filme "Donnie Darko" de Richard Kelly e por un creador de contido chamado Gawx. Ao final, a gravación foi doada e solucionámola en dous días, un para tomar o vídeo, e outro para substituír os sons opacados polo vento do Forgoselo".
En "A miña cor preferida é o verde" Pablo reflexiona sobre o seu verdadeiro lugar no mundo aos seus 19 anos, tras coñecer a fondo as realidades urbanas nas que vive actualmente: "Ao final, a miña peza resultou unha introspección de carácter intimista, practicamente cumprindo a función de autorretrato audiovisual, pero cun foco activo na paisaxe e no medio que se mostra. As miñas intencións pasaban por transmitir calma, sendo esta a que lle da ao verde tanta importancia para min, ata pasar por sentimentos de nostalxia e soidade que teño confianza en que sexan percibidos polos espectadores". A peza de Pablo sigue a ser un exercicio de introspección, o "documental do eu" dun mozo en crise que procura a identidade e o seu ser no mundo entre os ermos ateigados de penedos, toxos ou queirugas, entre as charcas, brañas e turbeiras da Serra do Forgoselo.
Fotografías César Galdo.
Temas: creador@s, Forgoselo, naturezas, vídeos, cinema, Chanfaina'Lab
Autor/a: Pablo Martínez Romero