Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

escolas

O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas

A loita polo Instituto de San Sadurniño

San Sadurniño, 1996

A creación dun Instituto de ensino medio en San Sadurniño foi unha reivindicación permanente durante os primeiros gobernos municipais da democracia. Certo que existía un Colexio de EXB construído en 1973, mais a LOXSE e a inminente aplicación da ESO ameazaban o futuro do ensino público en San Sadurniño . Porén, non foi doado. Tras da moción de censura que upou ao consistorio a Constantino Bedoya, a chegada do novo goberno do PP á Xunta con Manuel Fraga, sen dúbida podería favorecer a ansiada instalación dun centro de ensino secundario. Ese era o sentido da petición do grupo socialista na súa solicitude ao pleno municipal. En xaneiro de 1991 todos o grupos políticos do Concello acordan por unanimidade solicitar o instituto, aínda que semella que en Santiago están a darlle largas á petición. Tres anos despois, a cousa segue igual. O concello en pleno reitera a petición en 1994 de novo, poñendo á disposición da Consellería unha parcela de 1600 metros ao carón do Colexio de EXB. En xuño de 1995 o Conselleiro de Educación, Piñeiro Permuy comprometeuse a crear un Centro de secundaria de 8 unidades.

En febreiro de 1996 comezaron as mobilizacións masivas para esixir o Instituto prometido para San Sadurniño que non daba chegado. Iniciáronse cunha concentración o domingo 18 de febreiro de 1996 e continuaron no domingo seguinte cunha manifestación na que participaron máis de 400 persoas percorrendo a Avda Marqués de Figueroa e solicitando a urxencia da instalación do instituto, porque a promesa do Conselleiro non aparecía nos orzamentos xerais da Xunta. As mobilizacións rematan cando en abril dese mesmo ano a Consellería promete oficialmente a construción dun instituto en San Sadurniño.

Sete meses despois, o 1 de decembro de 1996, retornan as mobilizacións cunha concentración na praza do Concello de 200 persoas, en protesta polo que consideran un novo incumprimento da Xunta, porque no proxecto de orzamentos xerais para o 1997 tampouco se incluía o desexado instituto. A concentración repítese o domingo 15 de decembro, ademais dunha entrevista con Celso Currás, novo conselleiro de Educación, sen que se acade o compromiso de figurar nos proxecto de orzamentos. Terá que pasar un ano, ata que o DOGA de 9 de decembro de 1998, anuncie, ao fin, a construción do edificio por un valor de case 190 millóns das antigas pesetas (1.135.912 euros). A nova tamén apareceu na prensa de xaneiro de 1998 e nela informábase ademais da construción do novo instituto na parcela ofertada, que o novo centro estaría "integrado" no Colexio de EXB existente

Mais a "loita polo instituto" vai continuar. A "integración" non será ben acollida por parte da comunidade educativa e veciñal que organiza un calendario de mobilizacións con varios encerros para reivindicar que o novo instituto fora independente e non integrado no colexio de EXB. A Consellería contraataca defendendo a integración e afirma que o novo centro terá unha dotación "como si fose independente" e que a "integración" non representa ningún problema.

As obras comezaron a finais de febreiro de 1998, mais a "Plataforma pro-instituto" -o seu portavoz era Manolo Varela-, seguirá a defender a independencia funcional e orgánica do centro de secundaria mediante concentracións diarias, peches e actos diversos, como a convocatoria de "aulas valeiras" no comezo do curso 1998-99. Os pais de alumnos participan nun boicot ao Centro escolar que durará quince días. Mais a comezos de outubro desconvocan o boicot, aínda que pensan continuar coa reivindicación doutros xeitos.
En decembro de 1998, se celebran os 25 anos do centro e ao fin en xaneiro de 1999 -rematadas as obras do instituto-, intégrase na ESO. Nacera o CPI de San Sadurniño.

  • A loita polo Instituto de San Sadurniño

  • Manifestación a prol do Instituto . La Voz de Galicia 12.12.1996

  • Acordo para pedir un Instituto para San Sadurniño. LVG 26.1.1991

  • Un novo acordo para pedir o instituto LVG 17.4.1994

  • Manifestación demandando o Instituto 26.2.1996

  • Petición de Instituto para San Sadurniño. LVG 24.1.1996

  • Concentración a prol do Instituto. LVG 19.2.1996

  • A conselleria promete a construcción do instituto. LVG 19.4.1996

  • Concentración polo Instituto en San Sadurniño 2.12.1996

  • Nova concentración a prol do instituto LVG 16.12.1996

  • Anuncio de construcción do novo instituto 9.1.1998

  • Encerro contra a integración 18.7.1998

  • A Consellería responde 24.1.1998

  • Fin da folga 1.10.1998

  • 25 aniversario. 6.12.1998

  • O final da historia. LVG 19.1.1999

  • Panfleto contra a inauguración do CPI (2000)

  • Peche a prol do Instituto (18.7.1998)

  • Mobilizacións a prol do Instituto. El mundo

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, escola, nenos e nenas, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: