Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"A imaxe na lembranza"

San Sadurniño, Lamas, Naraío e Ferreira, 2015

2ª Chanfaina'Lab (11). Estrea venres, 29 de abril do 2016
Director: Gonzalo E. Veloso
Produción: Ana B. Gundín.
Edición de cor: Santiago Teijelo
Edición de son: Fran Naveira
Coa participación de Carmiña dos Pantís, Tony de Lamas, Jorge Mera Hermida, Vicente de Obdulia, Icia dos Breixos, Jaime Díaz, Adrián Casas
Sinopse: "Documental colaborativo no que cinco veciños de San Sadurniño indican qué espazos naturais ou artificiais son representativos da súa vila. Estes lugares son escollidos seguindo criterios persoais e subxectivos, polo que estamos ante uns espazos producidos socialmente e significados mediante relacións persoais e comunitarias."..
Duración: 12'42”
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en varias parroquias de San Sadurniño dentro do programa da Chanfainalab




O coruñés Gonzalo E. Veloso, cunha sólida formación universitaria, leva varios anos combinando a vida académica coa creación de documentais de encargo de carácter institucional e divulgativo que lle permitiron afondar na vida de persoeiros da cultura galega como Manuel María, Lois Pereiro, Paz Andrade ou Díaz Castro entre outros. Mais Gonzalo tamén anda na procura de conformar unha mirada propia e singular como cineasta e observador da realidade galega e universal, cun especial interese pola memoria e a súa relación coa identidade, tanto persoal como colectiva, como está a facer por exemplo no proxecto "Árbores".

Gonzalo E. Veloso chegou a San Sadurniño cun punto de partida moi xeral: botar un fío pola intrahistoria do concello: "Levo un tempo interesado no traballo coa natureza e o territorio. O xeito convencional de ver un entorno natural é converténdoo en paisaxe, o cal limita moito o coñecemento do lugar. A paisaxe tan so é unha construción da nosa mirada: non é o territorio en si. Por iso, aínda que me interesa tamén o modo de mirar, busco un xeito máis participativo de achegarme a un lugar descoñecido. Cando fun invitado á Chanfaina, pensei que sería unha moi boa oportunidade para investigar nesta liña.

Así pois, no canto de chegar, plantar a cámara e filmar o que lle parecera máis ou menos fermoso e interesante, Gonzalo procurou xente que lle contara cáles eran os lugares máis amados da súa parroquia, lugares que tiveran especial valor emocional por ter vivido algo importante nas súas propias vidas ou lugares polos que sentiran especial vocación. O cineasta substituíu a súa propia mirada pola dos protagonistas do filme, convertendo unhas paisaxes aparentemente banais en espazos sociais, espazos onde hai relacións persoais ou historias vividas das persoas que os habitan. Dise xeito, as vivencias individuais chegan a constituírense en paisaxe social cun sentido relevante para toda a comunidade. Carmiña, Tony, Jorge, Vicente, Icia, Jaime e Adrián convértense así nos verdadeiros protagonistas dun relato de historia, espazo e tempo.
Gonzalo E. Veloso deconstrúe a paisaxe de San Sadurniño en "A imaxe da lembranza"

  • "A imaxe na lembranza"

  • Gonzalo E.Veloso

  • Miguel Mariño, Ana Domínguez e Gonzalo E.Veloso na presentación da 2º Chanfaina lab

  • Gonzalo, David e Patricia na presentación do 2º Chanfaina lab

  • Carmiña dos Pantís

  • Icia dos Breixos

  • Jorge

  • Lamas

  • Gonzalo con Sandra Sánchez e Rocio Botana no xantar da Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, Lamas, Naraío, Ferreira, xente, vídeos, visitantes

Autor/a: Gonzalo E. Veloso

Vídeos:
Árbores (trailer)

Compartir en: