Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Teño unha horta


TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

"A horta de Cruz": Cultivar trigo sarraceno.

Ferreira, 2016

Cruz comparte un novo experimento na súa horta de San Sadurniño e amósanos todo o proceso do cultivo do trigo sarraceno.


"A horta de Cruz": Cultivar trigo sarraceno.

Comentarios

Marga

2017-01-22 20:06:05

Boas. Estupendo experimento. En que data foi plantado o trigo sarraceno? Graciñas e un saúdo

CRUZ PIÑÓN

2017-02-01 14:28:07

Ola Marga. O trigo sarraceno sembreino, en Xuño crece rapidiño su necesitas saber mais dimo un abrazo e a seguir mirandonos bicos.

Máis imaxes

Temas: Ferreira, gastronomías, Horta de Cruz, labregos e labregas, muller, traballos, xente, vídeos

Autor/a: Cruz Piñón Pereira

Compartir en: