Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A gripe do 18 en San Sadurniño

San Sadurniño, 1918

1918 foi un ano fatídico. Certo que marca a fin da terrorífica Primeira Guerra Mundial, mais é o ano da denominada “gripe española” que levou ao outro barrio de 50 a 100 millóns de persoas no mundo dende o 4 de marzo de 1918. Morrían entre o 10 e o 30% dos infectados. Só en España faleceron arredor de 300 000 persoas (o 1% da poboación). O balance na cidade de Vigo foi de 600 mortos e 3 000 contaxiados.
O brote de gripe chegou a San Sadurniño a finais de setembro de 1918, mais a primeiros de novembro pegou duro nunha poboación rural con escasos servizos sanitarios e nulas condicións hixiénicas. Xa en novembro de 1906 houbera unha gran epidemia de variola en Naraío. A sesión municipal do 13 de outubro faise eco da epidemia e avisa aos veciños para que tomen precaucións. Mesmo o alcalde, José Salgado Salgado, enfermará durante dous meses, ainda que conseguirá recuperarse. O 27 de outubro, o xornal “El Ideal gallego” informa que en San Sadurniño xa hai 490 afectados e a epidemia estaba a medrar. A primeiros de novembro chegan a morrer oito persoas nun só día.
Un artigo de Pumariño achéganos ao devalar da epidemia en San Sadurniño:
“Varios cemiterios víronse acurrados. Non había sitio para enterrar a mais. A xente tiña pánico. Algúns bebían caña a pasto, pois dicíase que a caña era un dos remedios para non coller a gripe. Queimábanse nas casas follas de eucalipto para desinfectar e tamén se usaba moito Zotal. Houbo quen poñía follas de eucalipto por debaio da roupa. En San Sadurniño decidiron non tocalas campás, pois había que estalas tocando todos os días e así a xente aínda se asustaba mais. Un do Tarambelo non quixo entrar na casa do morto para non contaxiarse e aos tres días estaba no cemiterio. Dúas rapazas novas e garridas de Piñeiros morreron case xuntas. Tamén en Santa Mariña morreu una rapaza nova na casa de Barreiro (Golpilleira) e aos poucos minutos morreu outra rapaza, parente dela en Arnadelo. Para o enterro xuntáronse os dous enterros en Arnadelo. Tamén en San Sadurniño coincidiron polo menos una vez dous mortos no mesmo día...”
A mesma revista informa que morreron 28 en Santa Mariña; 25 en Naraío; 37 en Lamas; 27 en Ferreira; 10 en Igrexafeita e 48 en San Sadurniño.Total: 135 habitantes do concello.
Na ilustración, reprodución do virus da gripe española de 1918.

  • A gripe do 18 en San Sadurniño

  • A gripe en San Sadurniño a primeiros de novembro de 1918

  • A gripe en San Sadurniño segundo o Pumariño (marzo de 1978)

  • Epidemia gripal. 11.12.18. El Orzán

load

Comentarios

jose picos

2014-10-10 23:33:23

Follas de eucalipto no 1918???

Falame

2014-10-11 01:34:06

A finais do século XIX nos xardíns da Marquesa agromaban un par de eucaliptos. Daquela representaban un sinal de "distinción" e "clase". No 1918 xa andaban repartidos polo concello, mais case de xeito individual, sen conformar áreas boscosas. Os labregos galegos chamábanos "árbores da febre" e coñecían o seu poder desinfectante...

Máis imaxes

Temas: Santa Mariña do Monte, San Sadurniño (parroquia), Ferreira, Igrexafeita, Naraío, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Vídeos:
Documental: "A gripe española"

Compartir en: