Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

A Gran Porta de Kiev

Monte, Lamas, San Sadurniño e Naraio, 2026

10ª Chanfaina Lab (7). Estrea: 17 de abril do 2026
Director: Brandán Cerviño
Duración 9'9"
Sinopse: Unha maña soleada de finais de verán, na contorna de San Sadurniño, tornase nunha tarde de vento e tormenta. Mentres as portas dás vivendas, negocios e demais lugares da vila abren e pechan, revélase unha historia dun pasado e lugar afastados. En 1866, un atentado frustrado contra o tsar Alexandre II inspirou proxectos conmemorativos no Imperio Ruso. Un deles foi “A Gran Porta de Kiev”, deseñada por Viktor Hartmann, que nunca se construíu. Tras a morte de Hartmann, os seus bosquexos impactaron ao compositor Modest Músorgski, quen lle rendeu homenaxe cá suite “Cadros dunha Exposición”. O último movemento desta obra musical facía referencia a porta que nunca chegou a fazer-se realidade.
Equipo artístico: Manolo Varela, Marcos Galdo e Cecilia Freire de " A Lobeira Agroforesta", Inolita López, a cadela Lina, Pablo Barro, as galiñas da Lucía da Lobeira e Gerónimo López.
Música: Modest Músorgski: “Cadros dunha Exposición”
Realización: Brandán Cerviño e Sabrina Zimmermann. Coa axuda de Fran da Lobeira
Gravado nas parroquias de Naraío, Monte, San Sadurniño e Lamas dentro do programa da 10ª Chanfainalab

Máis información sobre esta peza en Chanfainalab




BRANDÁN CERVIÑO (Pontevedra, 1993) é licenciado en Belas Artes en 2015 pola Universidade de Barcelona. En 2018 especializase en Dirección Documental no curso regular da Escola Internacional de Cine e Televisión de Cuba, EICTV. En Cuba dirixiu varias curtametraxes como “Carta a Leningrado” (2018) e “En la boca de la mina” (2019), gañador do Premio Planeta GZ no 16º Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela. En 2019 regresa a Sober (Lugo), onde desenvolve novos proxectos como “Hai unha virxe alí arriba” (2020) e “A comuñón da miña prima Andrea” (2021), premio á mellor curtametraxe en Visións du Réel. É socio fundador de Filmes de Pedra S. Coop. Gal.

A proposta xorde de dous motivos concretos: o descoñecemento da contorna de San Sadurniño e a vontade de respectar o espírito en xeral do Chanfaina. Co ánimo de descubrir o lugar, escollemos traballar ao xeito da fotografía na estrada, pero limitándonos a buscar material só en torno a un concepto, ou máis ben obxecto: as portas.
Portas hainas en todos os sitios. Todas aseguran, como mínimo, unha acción, un movemento; abrir ou pechar. Ademais, polo xeral, a función duna porta e permitir a entrada ou saída a un espazo diferente. Dabondo para ter por onde empezar.
Grazas a veciñanza pasamos de porta en porta e coñecemos o pozo de Manolo, a entrañable Inolíta, a Marcos e Cecilia, a Gerónimo… . Sempre gardados por Fran da Lobeira, quen nós descubriu algunhas das mellores portas.
Xa na montaxe, buscando un sentido á sucesión de portas de San Sadurniño, atopamos a historia da falida construción da Gran Porta de Kiev e a homóloga composición de Modest Mussorgsky. Este foi o ingrediente clave para re-significar as imaxes establecendo algunha que outra rima con outra época a un ritmo orquestral.

A Gran Porta de Kiev

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Chanfaina'Lab, gandeiría, labregos e labregas, máquinas, Naraío, naturezas

Autor/a: Brandán Cerviño

Compartir en: