O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos
Moimentos, Santa Mariña do Monte, 1909
O último domingo de cada mes a parroquia de Monte era un fervedoiro de xentes, animais e visitantes de toda a contorna. Celebrábase a feira mensual que convocaba a veciños e veciñas das parroquias limítrofres, nomeadamente Vilaboa e Pedroso. Non se sabe con certeza cándo comezou a celebrarse esta feira, mais víñase facendo xa no século XVIII e no 1836, nunha campa preta dos monumentos megalíticos de Moimentos e ao carón da igrexa de Santa Mariña. No ano 1938, nos tempos do alcalde Segundo Yáñez, mercouse unha báscula para pesar ao gando. A feira desapareceu a mediados da década dos 50 do século XX.
Neste artigo de X.M. Bañobre evócase a celebración da feira, o trasego comercial na Casa Cabada, rexentada no século XIX por Manuel Cabada e despois polo seu fillo José Cabada Fraga (1885-1986), varias veces concelleiro na corporación municipal (1912 e 1914). Outra persoalidade singular foi o párroco Don Ignacio. Debeu ser unha feira con moito ambiente - as veces mesmo perigoso- na parroquia de Monte durante a primeira metade do século XX .
Juan Filgueiras Fernández evoca aqueles días da feira.
Precisamos a vosa colaboración para topar algunha fotografía desta feira
Na foto, o espazo da antiga feira de Monte no 2015.
Temas: feiras, labregos e labregas, Santa Mariña do Monte
Autor/a: Juan Filgueiras Fernández