Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
Campo da Feira, San Sadurniño, 1906
Aurora Merlán Saavedra, muller do alcalde Ángel Gavín, comparte con nós esta fotografía con 110 anos de historia.
Nela están o seu avós maternos Manuel Saavedra e Serafina Couce, cos fillos e fillas: Aurora Saavedra Couce (nai de Aurora), Celestina, Manuel, Aquilino e Leonor.
Temas: familias, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), xente
Autor/a: Aurora Merlán Saavedra