Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"A danza macabra"

San Sadurniño, 2023

7ª Chanfaina Lab (8). Estrea: venres 7 de abril do 2023
Guión, dirección e montaxe: Andrea Pena
Bailarín: Adrián Fernández Otero
Música: "Danse Macabre" de Camille Saint-Saëns.
Sinopse :"A danza macabra xira sobre a vida e a morte como dúas caras da mesma moeda e o absurdismo desta realidade."
Duración: 2' 43"
Gravado na Granxa Romero S.A e ruínas preto de Intasa, co gallo da 7ª Chanfainalab.



Andrea Pena (Barallobre, Fene 2004) realizou a peza ao remate de 2º Bacharelato artístico no IES "Concepción Arenal" de Ferrol. Este curso acaba de comezar primeiro de Belas Artes na UPV/EHU. Sempre foi unha moza creativa no eido das artes como o debuxo e a pintura, mais hai pouco que se mergullou no mundo audiovisual. Neste campo realizou pezas como “A folga do transporte”(2022) e “O odio”(2022).

Nos días anteriores a celebración da Chanfainalab, a Andrea roldáballe pola cabeza un tema clásico da historia do arte como a "Danza da Morte", case un xénero en si mesmo, onde un ou varios esqueletos humanos convidan a persoas de diferente posición social a bailar arredor dunha tumba: "A danza macabra proclama a universalidade da morte, así como as "vanitas" son un recordatorio de que a nosa vida é limitada. Aínda que este xénero era máis utilizado nas pinturas medievais e cantigas da época, crese que estas danzas tamén eran representadas. Coa axuda do meu amigo Pablo Martínez. gravamos algunhas imaxes das vacas da Granxa Romero S.A . Isto foi porque precisamente aínda no tiñamos moi claro o que íamos a facer e mesmo pensabamos gravar en colaboración un anuncio de colonia para vacas.
Cando rematei de filmar esas vacas decidinme. Coa vida que elas levaban só podía ver aos perfectos personaxes da traxicomedia que é a vida, a ironía do animal encarcerado e destinado ao consumo humano. Agora que xa tiña as miñas vítimas precisaba da morte. E nisto axudoume meu amigo Adrián Fernández, que tras unha precaria caracterización, bailou para a cámara e asasinou (metaforicamente) as vaquiñas. Toda a curta envólvese co poema sinfónico homónimo composto en 1874 por Camille Saint-Saëns (orixinalmente en francés: Danse Macabre)".

"A danza macabra" resulta unha potente videodanza; a pesares dos seus escasos recursos de partida, Andrea Pena foi quen de aproveitalos ao máximo utilizando unha creatividade i enerxía pouco habituais nos cineastas que comezan: Considero que o resultado final correspóndese coa idea que tiña en mente. Encadraría a peza dentro do xénero de cine experimental porque procura unha investigación das capacidades da cámara e a edición a nivel formal, onde os elementos representados actúan máis como o fondo onde desenvolver técnicas expresivas. Aínda que esta é a miña primeira Chanfaina atópome contenta co resultado da curta. Ao marxe que se entenda mellor ou peor a intención, a parte técnica e de montaxe foi do que máis desfrutei e creo que pode verse reflectido na peza. Dende a Chanfaina non podemos menos que felicitar a esta nova cineasta fenesa por este prometedor debut que augura unha brillante traxectoria na creación audiovisual.
Fotografías de Cesar Galdo.



  • "A danza macabra"

  • Andrea Pena na chegada ao Concello de San Sadurniño

  • Recepción oficial no Concello

  • Andrea Pena e Andrea Fernández na exposición "20 anos do bosque animado"

  • Manolo Gómez presentando a exposición do "Bosque animado"

  • Chanfaineras e chanfaineros na prantación da árbore conmemorativa do VII Chanfaina Lab

  • Foto de familia do VII Chanfaina Lab xunto a deusa Navia

  • Andrea Pena xunto á deusa Navia

  • Andrea Pena presentánose na "Eira de cineastas"

  • Chegada de cineastas á gala do VII Chanfaina en febreiro

  • As "lolas chanfaineras"

  • Andrea Pena e Adrián Fernández na gala do VII Chanfaina

  • Público na estrea das pezas do VII Chanfaina

  • Andrea Pena recolle a súa "lola chanfainera"

  • Andrea Pena presenta a súa peza "A danza macabra"

  • Foto de familia da VII Chanfaina Lab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, Chanfaina'Lab, creador@s, música, San Sadurniño (Concello), vídeos

Autor/a: Andrea Pena

Compartir en: