Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"A casa de barro e saliva"

Campo da Fraga (Igrexafeita), 2019

6ª Chanfaina'Lab (17). Estrea martes, 31 de marzo do 2020
Director: Abel Vega.
Sinopse: "A complexidade social dun niño de avespas responde ás ameazas da intrusión humana."
Duración: 10' 30”
Gravados no Campo da Fraga na parroquia de Igrexafeita dentro do programa da 6ª Chanfainalab.


Abel Vega (Igrexafeita, San Sadurniño, 1958). Foi durante varios anos o presidente da Asociación de Veciños “Adiante Igrexafeita”. Abel tamén é acordeonista ocasional, gran cociñeiro e experto en manualidades de todo tipo. Abel traballou arreo durante toda a vida como albanel, mais unha enfermidade laboral apartouno do seu oficio. Inquedo e activo, cunha curiosidade sen límite, aos seus 60 anos e pico, segue a vivir unha segunda xuventude. Como él mesmo afirma con humor, agora dispón de tempo para atender ás catro galiñas da casa, colaborar no que poida coa Asociación veciñal Adiante Igrexafeita, tocar o acordeón e gravar vídeos con vocación didáctica, nos que mira coa cámara todo o que lle resulta familiar, en definitiva, todo canto o envolve. É un cineasta afeccionado que está a videocartografar a súa parroquia, sorprendendo nos últimos anos coas súas creacións audiovisuais e recibindo ao tempo numerosos eloxios dos cineastas asistentes á Chanfainalab. Aprendemos xa a facer pan, descubrimos os muíños de Igrexafeita, as pedras do Forgoselo, as fervenzas do Río Castro, a feroz vida salvaxe no interior dun formigueiro; ou cómo eran as "casas de antes" ; imaxes e sons que perpetúan a memoria local tanto a nivel patrimonial como etnográfico. Podes ver algúns dos seus filmes en Fálame de San Sadurniño para comprobar o seu amor polos fermosos recunchos da paisaxe humana e natural da súa patria da infancia, a querida parroquia de Igrexafeita e tamén da Serra do Forgoselo da que é un auténtico erudito.

Abel é unha das pedras angulares da Chanfainalab; como todos os anos axuda aos cineastas no que pode, dende a localización e produción ("Alí sentíame eterna", "Con ollos de xigantes"), ata o reparto e interpretación noutras curtas como en "Curmáns", "A casa soñada", "Decides que o matrimonio" ou "Qué pasou ?". Tamén asistiu ao curso de fotografía 3D (Anxo Santomil) e montaxe (Sandra Sánchez). E coma sempre as ideas xorden da súa curiosidade infinita:"A idea veume cando estabamos nos días da Chanfaina en setembro e entereime que unha ducia de avespas atacaran na cabeza ao cuñado de Secundino (o alcalde). Eu sempre vivín na aldea e vin moitos niños de avespas, pero nunca lles fixera caso e non sabía cómo vivían debaixo da terra. Entroume a curiosidade de saber cómo traballarían alí debaixo. Cómo sería a súa vida... Fun ver si aínda seguía alí o niño, mais xa non estaba, así que púxenme a buscar polo monte ata que topei este".

"A casa de barro e saliva" é outra videocartografía gravada ao estilo "abeliano" no que a cámara percorre un espazo -con valor emocional para o veterano cineasta- ou un microcosmos natural, mentres grava sincronicamente a súa propia voz describindo o que o espectador está a ver -e as veces con comentarios moi ocorrentes-. O cineasta de Igrexafeita válese da súa espontaneidade cunha sinxela cámara coa que rexistra literalmente a vida, converténdose nos ollos do espectador; cunha mirada limpa e plena, ateigada do “amor co que describe praceres e vivencias de forma inocente e fascinante”, tal e como dixo del o director Óliver Laxe, admirador declarado da obra e do propio Vega. A curta desta edición é un magnífico exemplo de cine directo, resultando unha aventura emocionante e atrevida: "Quero insistir que as avespas son perigosas; o que fago no vídeo non lle lo recomendo a ninguén; aínda que ía protexido cheguei a ter medo. As cousas pódense poñer moi feas porque as avespas saen e atacan, aínda que morran". Reflectir a autenticidade e a verdade: este segue a ser o obxectivo deste veterano sen complexos e decidido a filmar ata que o corpo aguante. A Chanfainalab non sería o mesmo sen a súa xenerosa e imprescindíbel colaboración ano tras ano.
Fotografías de Cesar Galdo.

  • "A casa de barro e saliva"

  • O gran Abel Vega ao mando da cámara

  • Abel Vega na sesión preparatoria da 6º Chanfainalab

  • Abel Vega plantando o castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • Abel Vega no curso de montaxe de Sandra Sánchez

  • Abel Vega no obradoiro de fotografia 3d de Anxo Santomil

  • Abel Vega no curso de montaxe con Sandra Sánchez

  • Abel Vega e a fotografia 3D

  • Abel na proxección de "Hamada" de Eloy Dominguez

  • Abel e Fran da Lobeira na "Eira de cineastas"

  • Abel Vega na fotografía oficial da 6º Chanfainalab

  • Abel, actor en "Curmáns"

  • Abel, actor en " A casa soñada"

  • Abel, actor en "Decides que o matrimonio"

  • Abel, xefe de localizacións en "Alí sentíame eterna"

  • Abel, no equipo de rodaxe de "Que pasou"?

  • Abel, no xantar da 6º Chanfainalab

  • Abel, no fotocall da 6º Chanfainalab

  • Consuelo, Abel, Cruz e Mariluz na 6º Chanfainalab

  • Ana, Abel e Marluz

  • Abel c@s cineastas da 6º Chanfainalab

  • Abel na premiere mundial de "A casa de barro e saliva"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, creador@s, Igrexafeita, vídeos, naturezas, videocartografías, Chanfaina'Lab

Autor/a: Abel Vega Vega

Vídeos:
"Cando ruxe o formigueiro"
"A pena dos tres pés"
"Mañá cocemos"
O río da Pasada da Barra
O Pozo de Lamas
Muiño do Porto

Compartir en: