San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
As Fervenzas, Lamas, 2015
Chanfaina'Lab (13) Estrea venres, 17 de abril do 2015
Título: Á beira do Aceiteiro
Director: Víctor Hugo Seoane
Duración: 4' 15''
Sinopse: "Breve inmersión nas augas dun río que noutrora bulía á par do renxer dos grandes rodicios."
Gravado en San Sadurniño o día 6 de setembro de 2015 dentro do programa da Chanfaina' Lab
O vigués Víctor Hugo Seoane é un novo cineasta galego que non deixa de sorprender en cada un dos empeños nos que se mete. A tensión entre a forma de vida moderna e os ritmos vitais da natureza é un dos sinais de identidade de todos os seus traballos, dende a curtametraxe “Na distancia” (2009). En vindeiros días presentará no PlayDoc a longametraxe documental “Verengo", o resultado de cinco anos de viaxe inmersivo cara as raíces dos seus avós no mais profundo da montaña ourensana..
Para a Chanfaina'lab, Hugo apostou pola natureza en estado puro case por necesidade: “Levaba varios meses fora de Galicia e padecía un stress considerable. Precisaba bosques galegos, río e auga, moita auga e natureza brava…”. Así pois, colleu un folleto turístico do concello e partíu en solitario a percorrer a ruta do Aceiteiro, deixándose levar polo sons do río e da natureza ata facerse parte dela. O ecosistema salvaxe desta fermosa ruta ven enxergado nos restos de muíños que tinguen a ribeira do rego. Muíños que mesmo podemos oír traballando entre a auga grazas a un exquisito tratamento sonoro. O filme é unha invitación á relaxación e a deixarse levar pola beleza salvaxe desta paraxe única de San Sadurniño
"Víctor Hugo Seoane contempla a combinación do recordo do pasado e a forza da natureza para recuperar o que lle pertence. Tamén mira a vida de antano, actualizada cun equilibrio perfecto entre imaxe e son que mesmo nos permiten oír os muíños traballando. "Á beira do Aceiteiro" é un convite á relaxación e a deixarse levar pola beleza desta paraxe única de San Sadurniño. E tamén unha reflexión sobre aquel pasado en que existía un equilibrio case perfecto entre a natureza e o xeito en que as persoas lle tiraban proveito". Da web do Concello
Temas: Chanfaina'Lab, Camiño Arriba, cinema, lecer, muiño, naturezas, paseos, ríos, vídeos, visitantes, Lamas
Autor/a: Víctor Hugo Seoane .
Vídeos:
Na distancia
Do voltar (Curta de nadal para Acto de primavera)
Verengo (trailer)