Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

8ª Chanfainalab

San Sadurniño, 2023

Durante a fin de semana do 1 ao 3 de setembro do 2023 reviviremos de novo a marabillosa experiencia audiovisual da ChanfainaLab: un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: @s participantes teñen que gravar na fin de semana unha película coa duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
A iniciativa acadou o premio o XI premio José Sellier (2022) outorgado pola Academia Galega do Audiovisual por “fomentar a liberdade creativa e favorecer a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reivindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas.”
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.

Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un "revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as cineastas segundo idade, xénero, formación ou experiencia para que o encontro sexa un tempo fecundo, unha celebración da tolerancia, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara, máis do 60 % son autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño: Dende menores de vinte anos como as cativas que compoñen o colectivo “Sansadurnenas”, os mozos estudantes Iago Lourido, Bieito Beceiro, Aroa Calvo, Catalina Rodríguez, Pablo Martínez, Soraya Yáñez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e os colectivos “Meu”, “NaraíoMedia” e “SueÑa". Completa a listaxe "local" un grupo de veciños e veciñas, tamén cineastas, que todos os anos achegan a súa xenerosidade e talento a esta experiencia singular como Fran Bermúdez, Xosé Manuel Rabón/Victor Rico, Abel Vega,“The sun Girls” e as labregas de “Teño unha horta”.
Tamén participan novas promesas do audiovisual galego recentemente tituladas en Belas Artes ou Audiovisual como Mirian Opazo, Candela Conde, Xoán Rodríguez Caridad e Cristina Souto. Asemade, como nas edicións anteriores, participan un grupo de profesionais con experiencia dabondo en ámbitos diversos do audiovisual como Felix Brisel, Francisco J. Cela, Nela Fraga, Juan Galiñanes, Manolo Gómez, Diana Gonçalvez, Tono Mejuto, Adriana Páramo, Miguel A. Romero, Ignacio Vilar e o colectivo “Memoria e cinema”
Todos eles e elas representan diferentes modos e xeitos de concibir a creación audiovisual dende ámbitos e prácticas artísticas diferentes engadindo matices e unha gran variedade á edición anual da Chanfaina. As persoas interesadas poden descargar en Documentos o catálogo onde pode consultarse información biográfica de cada cineasta.
Todos os carteis da Chanfainalab desde a 1º edición inspíranse en motivos relacionados co patrimonio artístico ou natural de San Sadurniño. O cartel deste ano -deseñado polo artista gráfico Juanlu Nachainspírase na paisaxe deste enclave, o máis elevado de San Sadurniño e un dos lugares de referencia do Cabo Ortegal declarado oficialmente pola UNESCO hai uns días, o 24 de maio do 2023, como “Xeoparque mundial da UNESCO”.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES

VENRES 1 SETEMBRO
11:00h. a 12:00h. RECEPCIÓN DE CINEASTAS na Casa da Cultura.
12:30h. ACTO OFICIAL DE BENVIDA na Casa do Concello.
13:00h. AMADRIÑAMENTO ÁRBORE CONMEMORATIVA VIII CHANFAINA LAB. Finca A Cortiña.
16:00h. XEORUTA E FOTO OFICIAL. Visita guiada por Fran Canosa á Serra do Forgoselo. (só para participantes)
20:00h. PROXECCIÓN “EIRA DE CINEASTAS”. Casa da Cultura. (Entrada libre). Selección de filmes presentados por cineastas participantes. Casa da Cultura. (Entrada libre): "Porte exprés" de Ángela Arnosa, "As vacas desaparecidas" de Bieito Beceiro, "Trae!" de Fran Bermúdez, "Maipy Kanki" de Félix Brisel, "Breogán pimentel, artista multinivel" de Francisco Javier Cela, "Na pel da memoria" de Memoria e Cinema, "Susurros do enxebre" de Candela Conde, "Os nenos en Carnota" de Nela Fraga, "De “Coma nunca” a “Fatum” de Juan Galiñanes, "A relatividade" de Manolo Gómez, "Mulleres da raia" de Diana Gonçalvez, "Unidade veciñal" de Tono Mejuto, "The porquer" de NaraíoMedia, "Ningún Deus" de Mirian Opazo, "Anatomía dunha serea" de Adriana Páramo, "O Sacauntos" de Xoan Rodríguez Caridad, "O cinemóbil reclame 3 (Work in progress)" de Miguel A. Romero, "Mirada Amateur" de Cristina Souto, "Boniatos no país do sol poñente" de Teño unha horta, "Feminino" de The Sungirls, "Cando roxe o formigueiro" de Abel Vega, "A esmorga" de Ignacio Vilar.

SÁBADO 2 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
12:00h. ESPECTÁCULO “CINEMA DE HISTORIAS DA MAN DE ALICE GUY”. Casa da Cultura. Proposta da narradora Raquel Queizás para público infantil.(Entrada libre).
20:00h. PROXECCIÓN CLÁSICOS DO CHANFAINA LAB “A natureza salvaxe de San Sadurniño”. Casa da Cultura. (Entrada libre): "O salvaxe leva o seu tempo" (2017) de Óliver Laxe, "Here" (2016) de Natalia Porca, "Alí sentíame eterna" (2019) de Aldara Pagán, "A pena dos Tres pés" (2015) de Abel Vega, "O silencio dos eólicos" (2018) de Aser Álvarez, "Os aventados. Ventos do Forgoselo" (2015) de Álvaro Gago, "Trae!" (2019) de Fran Bermúdez, "Forgoselo. Granito". (2015) de Alberte Pagán, "360º en cores" (2017) de The Sungirls.

DOMINGO 3 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
10:00h. a 12:00h. EXPOSICIÓN “José Gil, pioneiro do cine galego”. Presentacións e visitas guiadas. Adro do Convento do Rosario. San Sadurniño
13:00h. CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL. Xove banda de Narón. Adro do Convento do Rosario. San Sadurniño. (se chove, no claustro) . Podes descargar aquí o programa do concerto que narra a vida do pioneiro do cinema galego a través da música.

O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño e a Aula Cemit. O encontro está patrocinado pola Deputación de A Coruña, o Concello de San Sadurniño e a colaboración de Vía Láctea Filmes.
Podes acceder a toda a información descargando o catálogo completo de actividades e biografías d@s cineastas participantes ou a través das nosas redes sociais:
- Facebook da Chanfaina'lab
- Instagran da Chanfaina'lab
- Twitter da Chanfaina'lab
- Facebook do Concello de San Sadurniño
- Twitter do Concello de San Sadurniño
- Web do Concello de San Sadurniño


Novas publicadas:
O Chanfaina lab tamén quenta motores
VIII Chanfaina lab
Chanfaina Lab: o audiovisual galego aterra en San Sadurniño LVG
O Chanfaina Lab volve poñer San Sadurniño diante das cámaras.ccg
San Sadurniño como protagonista cinematográfico.Enfoques.gal
Comezan tres días con San Sadurniño como protagonista cinematográfico
Alfombra roja para el Chanfaina Lab: rodajes, proyecciones y música de cine en San Sadurniño.Ferrol 360
l Chanfaina Lab encara su octava edición en San Sadurniño del 1 al 3 de septiembreEnfoques.gal
San Sadurniño se convierte de nuevo en el epicentro del Chanfaina Lab. Cope Ferrol
San Sadurniño desata su faceta más creativa con la nueva edición del encuentro Chanfaina Lab Ferrol diario
O 1 de setembro comeza a nova edición (a oitava) do encontro Chanfaina Lab.Código cero
O Chanfaina Lab tamén quenta motores.Coruña na rede
Chanfainalab e o cinema galego
O Chanfaina Lab: do pioneiro do cine galego ao audiovisual de vangarda en San Sadurniño
San Sadurniño ponse diante das cámaras durante o Chanfaina Lab
A homenaxe a José Gil púxolle o ramo á primeira parte do VIII Chanfaina lab
Chanfaina Lab, cine e lección de xeoloxía en San Sadurniño
En marcha a oitava edición do Chanfaina lab
Chanfaina lab

  • 8ª Chanfainalab

  • Cineastas da Chanfainalab

  • Programa de actividades

  • Homenaxe a José Gil

  • Cinema de historias

  • Programa "A natureza salvaxe de San Sadurniño"

  • Programa de man Chanfainalab

load

Documentos:

Catálogo VIII Chanfaina Lab_set_2023
Programa do Concerto homenaxe a José Gil

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, Convento do Rosario, creador@s, eventos, lecer, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes, videocartografías, Forgoselo

Compartir en: