Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Pazo da Marquesa

O Pazo da Marquesa é un dos edificios patrimoniais mais emblemáticos do Concello. Solar do señorío de San Sadurniño creado en 1526, posteriormente convertidos en marqueses de San Sadurniño dende 1688. O edificio actual foi remodelado a comezos do século XX por María de la Natividad Quindós, "VII Marquesa de San Sadurniño, duquesa de la Conquista, marquesa de Gracia Real, marquesa de los Palacios, condesa de Cumbres Altas y vizcondesa de la Frontera". Durante o século XX o pazo e os seus refinados bosques e xardíns -case 100 hectáreas- foron visitados por viaxeiros ilustres, entre eles Alfonso XIII, membros da aristocracia española, políticos conservadores, ademais de escritores e artistas da corte de Madrid. O artista visual Anxo Santomil recreou o tempo de esplendor da Marquesa en "A Marquesa e o Pazo", realizada na 6º chanfainalab. En 1953, á morte da Marquesa, o pazo pasou a mans da orde relixiosa Hijas de Cristo Rey e transformado en colexio e hospicio. No ano 2010 recupera a titularidade pública e comézase a súa rehabilitación. En xuño do 2014 pasou a seren definitivamente a sede do Concello de San Sadurniño.

134 historias

O marqués de San Sadurniño e os sucesos de Mugares

José Mariano Quindós y Tejada, "VI Marqués de San Sadurniño" representa un deses todopoderosos caciques do XIX que...

Mugares, Toén, Ourense ,1896

José Mariano Quindós y Tejada, VI Marqués de San Sadurniño

VI Marqués de San Sadurniño (1822-1900) José Mariano Francisco de Sales Quindós y Tejada, (Ferrol, 29/1/ 1822-...

San Sadurniño ,1822

A mirada de Dionisio Tasende

En 1957 o prestixioso fotógrafo galego Dionisio Tasende (1918-2010) visitou San Sadurniño onde tirou algunhas...

O Casal, San Sadurniño ,1957

Teatro no colexio das monxas

Matilde Castro García fálanos dunha foto do ano 1959 unha obra de teatro.

O Casal, San Sadurniño ,1959

Meu avó Ladra

Pura Ladra Leiras fálanos do seu avó nunha foto do ano 1962.

O Casal, San Sadurniño ,1962

Manuela na fonte do pazo

O 29 de setembro de 1918, en plena epidemia da "gripe española"en San Sadurniño inaugurase unha fonte moi preto da...

O Casal, San Sadurniño ,1918

O antigo pazo da Marquesa de San Sadurniño

Manolo Rico fálanos desta foto do ano 1911. Primeira pedra do convento das monxas O pazo no ano 1910

O Casal, San Sadurniño ,1911

Tarde de calceta no Pazo da Marquesa

Manolo Rico López fálanos desta foto do ano 1928.

San Sadurniño ,1928

A familia Hermida antes da Guerra Civil

Patricia Hermida Torrente fálanos desta foto da súa familia no ano 1927.

Santiso, Ferreira de Arriba ,1927

San Sadurniño en 1981

Artigo sobre San Sadurniño publicado na Gran Enciclopedia Galega en 1981. O apartado xeográfico correspondeulle ao...

San Sadurniño ,1981

O colexio do pazo

Pura Ladra Leiras fálanos do colexio do pazo no ano 1962.

O Casal, San Sadurniño ,1962

Carnes á brasa do Mesón "A Granxa"

Dende a súa apertura en 1996 "A Granxa" é un dos restaurantes mais emblemáticos de San Sadurniño. Está situado no...

Outeiro, San Sadurniño ,1996

A arca de Noé da froita

En marzo do ano 2009 comezou a plantacion da horta de conservación de froitas autóctonas, unha orixinal e vizosa...

A Cortiña, San Sadurniño ,2009

A duquesa, o cura e o sindicato

Entre os artigos mais curiosos publicados en Internet que ”falan de San Sadurniño”, as dúas entradas có título...

San Sadurniño ,1920

Alfonso XIII en San Sadurniño (2): 1909

O 25 de xullo de 1909, arredor das cinco e cuarto da tarde, o rei Alfonso XIII , acompañado polo xefe do goberno...

San Sadurniño ,1909

Alfonso XIII en San Sadurniño (1): 1904

A primera hora da tarde do mércores 27 de xullo de 1904, o rei Alfonso XIII con 18 anos, achegouse a San Sadurniño...

San Sadurniño ,1904

Orixes do Marquesado de San Sadurniño

O marquesado de San Sadurniño é un título nobiliario outorgado o 21 de decembro de 1688 polo rei Carlos II a Pedro...

Ourense ,1688

Olivia

Tres breves secuencias do comezo do filme "Un cuento para Olivia" de Manane Rodríguez, gravadas no colexio das monxas...

San Sadurniño, ,2006

O guardián do bosque

Interpretación libre que nenas e nenos da aldea de verán fan da obra dos escultores Carlos García Romero e Marina...

San Sadurniño ,2013