Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

Vista de San Sadurniño dende a Pena da Lama

Pena da Lama, 2016

Xoán Porto, documentalista e fotógrafo de paisaxe, comparte con nós unha imaxe sacada dende a Pena da Lama, límite entre os Concellos de San Sadurniño e A Capela, o 6 de agosto do 2016.
Desde o punto da foto ata o monte da Miranda en Cariño hai 30 kilometros en liña recta.
A fotografía está tomada cunha tecnoloxía desenvolta pola NASA para equipar aos seus vehículos non tripulados en Marte, cunha gran definición que permite apreciar os detalles aplicando o zoom.
Para ver máis fotos de Xoan Porto en Fálame

Presentamos a panorámica en dous visores, no primeiro pódese ver a panorámica a pantalla completa e no segundo pódense utilizar as instantáneas ou "snapshots", para localizar varias ubicacións: A Igrexa de San Xiao de Lamas, Miradoiro de Coto Agudo, a Vixía de Herbeira, miradoiro Poza da Auga, Cantís de Tarroiba ou o miradoiro da Miranda.

1º Visor: para ver a fotografía a pantalla completa (arriba á dereita da foto, pinchar nas dúas flechiñas).


2º Visor: para visualizar as instantáneas que están ao pé da foto, pasar o rato sobre elas e aparecerá un cadradiño na ubicación exacta.

Se visualizas desde o móbil (non aparecen os subtítulos) estas son as instantáneas por orde (de dereita a esquerda):
1- Miradoiro da Miranda.
2- Igrexa de San Xiao de Lamas
3- Cantís de Tarroiba
4- Miradoiro de Coto Agudo
5- Miradoiro Poza da Auga
6- A Vixía de Herbeira

Vista de San Sadurniño dende a Pena da Lama

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Lamas, mapas, naturezas, outros lugares, patrimonios, Pedroso, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia), Santa Mariña do Monte, tecnoloxía, Naraío, Igrexafeita, Ferreira

Autor/a: Xoán Porto

Compartir en: