Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Visitas de políticos aristócratas

San Sadurniño, 1903

Comeza a ser un rito no Val: ao inicio do verán -a mediados de xullo- os marqueses desprázanse dende Madrid para abrir o Pazo de San Sadurniño, poñerse ao fresco na fraga e xardíns do seu "palacio" e "preparar" a temporada veraniega. Segundo a prensa da época xa dispoñen de "dos preciosos automóviles". A marquesa Natividad Quindós pon a funcionar as súa manifesta capacidade organizativa como perfecta anfitriona. No verán de 1903 recibirán a varios persoeiros relevantes da familia política conservadora entre eles ao seu lider e presidente do goberno de Alfonso XIII o xeneral Marcelo Azcárraga.
Ao rematar a temporada, xa a piques de regresar a Madrid, arredor do 8 de setembro, o coche dos aristócratas galegos María Ximenez de Sandoval e Ángel Elduayen y Mathet, marqueses de Elduayen, aparca diante do Pazo da Marquesa; xunto a eles tamén veñen Joaquín Caro y del Arroyo, conde de Peña Ramiro, Alfredo Moreno Moscoso de Altamira, Conde de Fontao e José María de Hoyos y Vinent, marqués de Hoyos. Polas características dos visitantes podemos intuír o fondo sentido político desta estadía, pois militan activamente no partido conservador de Antonio Maura, que nun par de meses será o presidente do goberno. A xuntanza súmaselle o omnipotente cacique comarcal Marqués de Figueroa. Todos son grandes propietarios, monárquicos convencidos, deputados e senadores defensores do maurismo e do sistema político da restauración. Tamén en maio dese mesmo ano o Marqués de San Saturnino fora elexido polos grandes propietarios senador por Segovia, de xeito que todos teñen intereses comúns.
Mentres, os pobres labregos e labregas de San Sadurniño non poden menos de admirarse diante as vestimentas de “xentes tan principais” e ao tempo ficar abraiados polos primeiros coches que chegan a San Sadurniño, cando se acheguen para pagalas rendas ao pazo dos Señores. Na fotografía, visitantes ilustres no Pazo na primeira década do século XX,

  • Visitas de políticos aristócratas

  • Gaceta de Galicia, 5 de setembro de 1903

  • La correspondencia gallega 1.9.1903

  • Marqués de Elduayen, senador por Pontevedra

  • Marqués de Figueroa en 1904, Diputado polo distrito de Pontedeume

  • Visitas de politicos aristocráticos. Gaceta de Galicia, 11/9/1903

  • Tertulias na terraza

  • xantar campestre

  • Visita do Xeneral Azcárraga en 1903

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: coches, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: