Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Vendo Ferreira por un cabalo de cor baio

A Seara, Ferreira, 1095

Fai 929 anos, nun documento asinado o 24 de agosto no remoto ano de 1095, un tal Rodrigo Adefonsiz vendeulle ao Mosteiro de Xuvia a “ igrexa de San Paio de Ferreira con todas as propiedades, tanto do interior como do exterior, casas abertas ou descubertas, pedras móbiles como inmóbiles, árbores con froitos ou árbores sen froitos, terras cultivadas como sen cultivar y canto resulte útil ao home, o mesmo dentro que fora, para a posteridade“. O "prezo" da operación de compravenda foi ben curioso: un cabalo de cor baio que daquela valía 30 soldos (unha libra e media de prata). O nome dos vendedores e dos seus antepasados –os Astrulfiz- aparece en varios documentos da primixenia aristocracia galega. O texto acredita a existencia dunha pequena igrexa no Pico Ferreira adicada a San Paio arredor do ano 1.000, cando o culto ao mártir tudense espallouse polo Reino de Galicia.

Mais naquel tempo as parroquias de Naraío, Ferreira e Igrexafeita eran cobizadas polo mosteiro de San Martín de Xuvia, o mosteiro familiar dos Froilaz-Traba, unha saga nobiliaria da vella aristocracia indíxena galaicorromana e auténticos propietarios de homes, terras e casais de Trasancos. Ao longo do século XI mercaron, permutaron, herdaron ou recibiron dos Reis doazóns e agasallos que incrementarán substancialmente o seu patrimonio ou quizais, simplemente “apoderáronse” de case todo o territorio que hoxe ocupa a provincia da Coruña. O caso foi que, durante a centuria do ano mil, a selectiva familia Froilaz consolidarase como a principal dinastía nobiliaria de Galicia. Mais, polo que figura neste documento, San Paio de Ferreira non era aínda propiedade dos magnates terratenentes Froilaz, senón que fora fundado polos bisavós - familia Astrulfiz- do propietario vendedor, Gonzalo Alfonso..

Cando morre o gran señor feudal Froila Bermúdez en 1091 -soterrado no "seu" mosteiro de Xuvia-, a estirpe dos Froilaz-Traba xa era dona dun inmenso patrimonio en terras, servos, vasalos e campesiños libres que lle debían xuramento de fidelidade. Manterán nas súas mans o dominio señorial de Trasancos durante xeracións ata 1261. Unha das estrataxemas para garantir a continuidade señorial e o control sobre o territorio foi a creación de mosteiros familiares -“mosteiros nostros” - (Xuvia no 977 e o Pedroso no 1111), aos que farán numerosas doazóns de terras e casais durante o século XII. Con istas doazóns -aparentemente xenerosas- garantíase a continuidade das posesións dos Froilaz en membros da propia familia e polo tanto, o mantemento de todos os resortes do poder feudal sobre das súas terras, servos e vasalos. Por este documento de 1095, parte do territorio da parroquia de Ferreira pasaba a seren propiedade do mosteiro de Xuvia, mais tamén da familia dos todopoderosos Froilaz-Traba, porque trinta anos despois, en 1125, Pedro Froilaz volve a doar outra vez a parroquia de Ferreira -agora xa completa- para o mosteiro de San Martín de Xuvia.
Descarga un dos documentos mais antigos do concello de San Sadurniño. Tradución do latín por Juan José Caruncho Rodríguez. Na fotografía, parroquia de Ferreira e Pico San Vicente ao fondo.

  • Vendo Ferreira por un cabalo de cor baio

  • Traba-Froilaz: escudo familiar

  • Mosteiro de Xuvia no século XII. Ilustración de Eva Merlán

  • Fundación do mosteiro de Xuvia por Visclávara Vistráriz no ano 977. Ilustración de Eva Merlán

load

Documentos:

Documento de venta de Ferreira (1095)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: outros lugares, igrexas parroquiais, Ferreira, animais

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: