Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Deportes

En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia

Unión Deportiva e Cultural Narahío

A Veiga, Naraío, 1974

A Unión Deportiva e Cultural Narahío naceu oficialmente coa adquisición do campo de fútbol o 7 de maio de 1974. Nun primeiro intre denominouse "Ladra López" (en referencia ao seu promotor inicial) e posteriormente "A Veiga", que continúa sendo a denominación actual. A primeira Xunta Directiva foi: Presidente: Manuel Soto Álvarez; Vicepresidente: José Mª. Ladra López; Secretario: Manuel López Galdo; Vicesecretario: Olegario Carballo Dopico; Tesoreiro: Francisco García Álvarez; Vocais: Pablo Pico Piñeiro, Florentino Pita Casal, Manuel García Seijas e Jesús Puentes Pereira.
Hoxe a UDC Narahío é unha entidade consolidada que realiza actividades de todo tipo e mantén o equipo de fútbol na Segunda Autonómica de Ferrolterra. Podes descargar aquí a revista -editada co gallo da celebración do 40 aniversario- con abondosa información e material gráfico deste pequeno gran equipo que leva o nome da parroquia polo mundo adiante.

Xesús Soto, actual presidente da U.D.C. Narahío, fálanos da historia e obxectivos desta veterana entidade.

  • Unión Deportiva e Cultural Narahío

  • U.D.C. Narahío, xuvenís 1980-1981

  • U.D.C. Narahío 1980

  • U.D.C. Narahío 1986-1987

  • U.D.C. Narahío 1989-1990

  • U.D.C. Narahío 2011-2012

  • U.D.C. Narahío, campións do trofeo Concello San Sadurniño 2012

  • Póster U.D.C Narahío 2011-2012

  • Cartaz festa de celebración do 40 aniversario o 26 de abril de 2014

  • Escudo da UDC Narahío

  • Xesús Soto Vivero, presidente da U.D.C. Narahío

load

Documentos:

U.D.C. Narahío, 40 anos de historia

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións actuais, deporte, fútbol , lecer, Naraío

Autor/a: Xesús Soto Vivero

Fotógrafo/a: César Galdo

Compartir en: