Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

músicas

San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño

"Toxos e Froles" e o Duque da Conquista

San Sadurniño, 1921

A relación dos marqueses de San Sadurniño coa agrupación coral ferrolana Toxos e froles ven de lonxe. O coro ferrolán nacera no seo da orquesta de pulso e púa “Airiños d'a miña terra", fundada a comezos do século XX. Esta será a rondalla que amenice algunhas festas e actividades do verán no pazo dos marqueses: no 1906 para a infanta Isabel ou na homaxe ao Marqués de Figueroa; en 1909 na visita real de Alfonso XIII e no 1914 -derradeiro ano da rondalla- nunha festa privada no aniversario da Marquesa, Natividad Quindós.
Dende o inicio da andaina de "Toxos e Froles" en 1915, San Sadurniño seguirá a ser un lugar de referenza para a coral ferrolana, actuando repetidas veces no Pazo dos Marqueses. En agosto de 1921 terán ocasión de tocar e cantar na homaxe ao -xa enfermo- marqués consorte e Duque da Conquista, nun verán triste, xa que morrerá un ano despois.
Mais "Toxos e Froles" seguirá actuando para a Marquesa de San Sadurniño en anos sucesivos, como na visita real de Alfonso XIII en 1927 e na do Príncipe de Asturias en 1930.
Os compoñentes do grupo Berros do Castro recitan o acontecido na festa homaxe ao Duque da Conquista o 21 de xullo de 1921, segundo o libro de Juan José Rodríguez de los Ríos . "Real Coro Toxos e Froles" (1914-2000). Deputación da Coruña: A Coruña.(2003)



Tamén podes escoitar "Alalá de Betanzos" primeira gravación de "Toxos e froles"en disco de pizarra (1922), versionada por "Berros do Castro" no seu segundo disco "Tanto encanto reunido"



Na fotografía, a coral ferrolana e o Duque da Conquista en 1921.

  • "Toxos e Froles" e o Duque da Conquista

  • "Toxos e Froles"

  • Toxos, 1915

  • Una fiesta simpática en San Sadurniño. 18.8.1921

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cancións, música, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), visitantes

Autor/a: Asociación Folclórica e Cultural Berros do Castro

Compartir en: